Virxilio Blanco naceu en Guisande (San Miguel de Presqueiras) o 24 de novembro de 1896, emigrou a Cuba ós 16 anos, onde traballou nun café e nunha tenda de roupa como cortador. Neste tempo asisteu a unha escola de debuxo, pintura e arte no Centro Galego da capital cubana. No ano 1922 realiza nesta mesma institución a súa primeira exposición, con perto de 25 cadros, dos que algúns xa foron mercados direitamente polo propio centro. Acadou unha beca de tres anos para Academia de Belas Artes de Madrid, onde perfeccionou a técnica e o debuxo, o remate da cal leva a fin unha nova mostra na Habana. Desta mostra conservanse cadros moi coñecidos entre particulares da nosa terra. No ano 1924 acadou unha nova beca para estudiar en Paris, onde coñeceu os grandes mestres da pintura, tanto españois como franceses, entre eles a Miró, Picasso ou Mattisse. Alí permaneceu hasta o ano 1931 en que voltou á súa terra e realizou unha exposición en Vigo que mesturaba paisaxes urbáns de París con outros típicamente rurais de Galicia.

Establecido definitivamente en Galicia, aínda que viaxa de cando en cando a París, Madrid, Barcelona, etc. a súa pintura vaise facendo máis "intima", máis localista, con maioría de paisaxes galegos.

Virxilio Blanco fundou xunto co mestre Xosé Caldera Manzano, unha revista quincenal, literaria e independente chamada “ALBOREAR”, da que foi redactor artístico.

Morreu en Presqueiras o 25 de xuño de 1948, con escasos 52 anos e non foi hasta o ano 1995 cando lle foi doada por un grupo de amigos unha tapa que hoxe adorna o seu sepulcro.

Na imaxen pódese ver o retrato da súa curmá, Dolores Espiña, que se conserva no museo de Pontevedra.

Pode ver máis información en www.forcarei.net onde se resume unha biografía que escribeu o tamén presqueirense José Raposeiras.

 

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es