Xosé Otero Espasandín é, sen lugar a dúbidas o cerdedense máis ilustre do derradeiro século. Naceu no lugar de Castro do Medio, na freguesía de Sta. Baia do Castro en Decembro do ano 1900. Foi mestre, escultor, científico e escribiu multitude de ensaios. Amigo de Luís Seoane e de Rafael Dieste, publicou numerosos libros de divulgación científica e cultural, dos que en Galicia só se publicou "Contos que me contou Dieste". Sen embargo, nunca se preocupou de recoller os seus poemas nun volume, e moitos deles fóronse perdendo.

A Guerra civil obrigouno a exiliarse en Europa e despois en América, e fixo que a súa figura fose descoñecida pola maioría dos galegos. Foi profesor de humanidades en Maryland (Estados Unidos), onde morreu o 15 de outubro de 1987.

Prepárase no seu concello unha homenaxe para conmemorar os cen anos do nacemento, que coordinada polo investigador Xosé Luís Axeitos, un dos que mellor coñece o seu traballo, exporá libros, fotografías e obxectos persoais. Tamén se editarán folletos que dean a coñecer a súa figura e colocarase unha placa na casa que o viu  nacer.

 

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es