Manuel Canabal Fiestras naceu na aldea de Nercellas, parroquia de Pereira, no concello de Forcarei alá polo mes de Santos do ano 1974. Comenzou a xogar ó fútbol no equipo do seu lugar, o Atl. Forcarei, cando este militaba na Terceira División Rexional galega. Dende aquí pasou, como non, ó Pontevedra, que estaba na 2ª B. En 21 partidos xogados marcou 6 goles e foi tentado por equipos da terra tan importantes como o Compostela e o Deportivo, e tamén polo propio Real Madrid.Manuel Canabal.  (Foto: Desconocido)

Na tempada 95/96 foi fichado polo Mérida e cedido ó Leganes (2ª División). Xa no Mérida empezou xogando no filial, para pasar inmediatamente ó primeiro equipo, aínda que só chegou a disputar uns minutos na Primeira División.

O ano seguinte foi o da súa consagración como xogador. Na Segunda División disputou co Mérida 35 partidos e marcou 10 goles, ascendendo co seu equipo á primeira división. As súas cualidades non pasaron desapercibidas para un adestrador tan coñecido como o madridista Fabio Capelo, que recomendou a súa fichaxe. O Real Madrid pagou por el 800 millóns de pesetas, tanto ou máis ca moitas das estrelas do cadro "Merengue". Antes, xa se interesaran por el o Betis, o Atl. de Madrid e o Barcelona.

No ano 1997 empezou no Real Madrid, que despois sería campión de Europa, pero como o seu valedor Capelo xa non estaba, Canabal sería cedido ó Real Valladolid no mes de decembro, equipo no que non chegou a xogar como titular.

A tempada 1998-99 empezou co titulo da Recopa de España co Real Madrid, e dándolle a este o trofeo Santiago Bernabeu, cun gol de cabeza, que significou o trunfo por 1-0. Máis tarde o adestrador Hiddink non contou con el e foi cedido ó Alavés, onde fixo unha boa tempada, marcando cinco goles antes de mancarse de certa gravidade. No ano 1999-2000 xogou no Rayo Vallecano, anotando doce goles e converténdose nunha das pezas básicas na extraordinaria campaña deste equipo.

Na tempada 2000-2001 foi definitivamente traspasado polo Real Madrid ó Málaga, onde se fixo con un posto de titular desde os primeiros encontros hasta que novamente unha lesión sacouno do equipo.

No ano 2004, e pese a outras ofertas moito máis importantes, volta ó Pontevedra C.F. que acaba de subir a segunda división despois de 27 anos, e convirtese nun dos abandeirados do novo equipo. Desgraciadamente, si as lexións non deixaron nunca que a súa carreira chegara onde sen dubida merecía, unha doenza crónica nas costas acabou con ela definitivamente e o 28 de Marzo do 2005, con só trinta anos, anunciou a súa retirada nunha emocionante roda de prensa.

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es