Xosé Luís Barreiro Rivas é o político máis coñecido desta Terra.  Quizais debese dicir que o era, pois hoxe está dedicado a outras tarefas. Foi Conselleiro de Presidencia e, máis tarde, Vicepresidente da Xunta de Galicia en dous gobernos distintos, empezando co primeiro presidente Autonómico, Xerardo Fernández Albor, e pasando logo a selo co socialista Gonzalez Laxe.Retrato de Xosé Luís Barreiro Rivas.  (Foto: Revista Cotaredo)

É un dos exemplos de "transfuguismo" que se adoita por na política española. Fíxose moi coñecido polo "golpe autonómico" que protagonizou contra o goberno do presidente F. Albor, (goberno do que fora cabeza pensante) forzando a dimisión de todos os conselleiros. O posicionamento de D. Manuel Fraga, naquela altura presidente do partido Alianza Popular, no que militaba Barreiro, fixo que moitos dos conselleiros que nun principio o apoiaron, deixasen de facelo, e quedou en minoría. Cos seus correlixionarios arrimouse a un novo partido, Coalición Galega, co que apoiou unha moción de censura do PSOE contra o presidente, e pasou a ser vicepresidente no novo goberno.

En certa maneira como desquite polo anterior, foi denunciado, procesado e condenado coa inhabilitación para ocupar cargo público durante varios anos por un delicto de corrupción non demasiado importante. Esto acabou de feito coa súa carreira política.

Barreiro, sendo universitario en Madrid, tivo problemas co Tribunal de Orde Público cara o fin da dictadura, segúndo este pola súa ideoloxía "Marxista-Leninista".

Home de profunda formación humanística, hoxe, ademais do seu traballo como profesor de universidade, fai comentarios políticos en prensa e radio. Colabora cada ano coa revista cultural Cotaredo do concello de Forcarei e con cantas publicacións se refiran a súa terra, mostrandose, non só como un excelente escritor, senón tamén como un fondo coñecedor da vida e dos pensamentos dos veciños das aldeas desta bisbarra.

Recentemente acadou o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2003, convocado pola editorial Galaxia e patrocinio de Unión Fenosa, coa obra "A Terra quere pobo", onde propón outra maneira de pensar Galicia.

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es