¿Valía a Pena?

O pasado día 19 de Agosto cumpríanse tres anos desde que estas páxinas estan a disposición de quen as queira ver. O que comenzou sendo algo parecido a un xogo vai perdurando no tempo e sigue aumentando cada día o seu contido.

Pero, ¿interésalle a alguén este contido?. O autor pode coñecer o número de visitantes, pero non si o fan só porque lles apareceu como resultado dunha busca en internet, porque queren informarse sobre unha cousa xenérica ou porque realmente queren  algo da Terra de Montes. Amáis desto, para os que si buscaban esa información, ¿valeulles de algo?, ¿gustoule como aquí se presentaba?. É a pregunta que sempre me fixen para decidir si seguía actualizando os contidos e buscando novas ou deixaba de facelo e aforraba o traballo.

Este vran pasei, como todolos anos, a maior parte das miñas vacacións na Terra de Montes, precisamente cando a maior parte da xente emigrante volta á casa. Percateime de que casi todolos que me saudaban falábanme da páxina, e canto máis lonxe era o país no que estaban, máis parecían aprecialo. Pero a resposta á miña pregunta tivena cando unha muller me contou que súa nai, unha muller de máis de oitenta anos que convive con eles en Francia, caíanlle as vagullas cando os netos lle mostraron as fotografías do lugar, e desde aquel momento quere volver a ver cada pouco a súa Terra, á que xa poucas veces pode voltar.

Pensei na morriña que pasamos (eu tamén me considero un emigrante) os que nacemos aquí e vivimos lonxe, e imaxineimos buscando en Internet, quezais naquel ordenador que acaban de mercarlle ó fillo e ó que eles nunca lle viron moita utilidade, verbas como "soutelo", "trasdomonte", "quireza", etc. para saber si nese novo mundo o seu lugar tamén tiña un recuncho. Este pensamento é bastante para compensar o traballo destes tres anos e dos que virán, para agradecer aínda máis ós que colaboran conmigo mandandome cousas e ós que só entran de cando en vez e, moito máis si cabe, aqueles que entran casi a diario desde os U.S.A., desde Venezuela ou desde a Arxentina buscando algo novo que ver, algo que lle recorde a súa terra, a súa xente.

Dentro de tres anos volverei a botar unha ollada atras para ver si esto sigue valendolle á alguén, e casi seguro que a resposta seguirá sendo a misma.

 

M. C.

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es