¡Un traballo, Por favor ... !

Antes de chegar a democracia a España os presupostos dos concellos eran pequenos e os poucos cartos que había servían para pagar as nóminas dos funcionarios ou para enriquecer ós máis listos, pero non eran estas as entidades encargadas de promover o investimento nin velar polo emprego. Coa descentralización da administración, os cartos chegaron á caixa pero a maior parte das corporacións preferiron a mellora das condicións de vida dos seus cidadáns antes de pensar decididamente no seu  futuro. A pesar de que as nosas carreteras melloraron, a saúde estaba relativamente ben atendida e os servicios achegáronse ós lugares máis lonxanos, en Galicia e sobre todo nas aldeas, a poboación envelleceu dunha maneira inimaxinable. Parece que ninguén se decataba,  ou si se decataba pensou que debían ser outros os que o solucionasen, de que os nosos xoves non podían vivir da misma terra da que tampouco foron capaces de vivir os seus pais,  pero que tampouco pensaban seguir emigrando sós, marchando o home e deixando aquí a muller e os nenos. Así que este xeito de sociedade só podía ser unha sociedade de vellos, que dependen dunha pensión de xuvilación e poden vivir ben si disfrutan dela, pero nunca unha sociedade moderna e con futuro. Unha sociedade así vai dereita ó cadaleito, dourado, pero cadaleito ó fin e o cabo.

Dún tempo a esta parte parece que os nosos alcaldes empezan a darse conta do problema e de que ten ferramentas para atallalo, seguramente porque ven como o censo do seu concello quédase na mitade en poucos anos e de pouco valen as moitas obras que se levaron a cabo (moi rentables electoralmente, por outra banda) si non son capaces de parar este proceso. Empezan a verse nos presupostos partidas para talleres de emprego, para a formación de certos sectores marxinales e, o que é máis importante, para a construcción de polígonos industriais (Cerdedo, Cachafeiro, etc.) e facilidades ou axudas ás empresas que se establecen neles.  Márcanse plans específicos en colaboración con outras administracións (Plan PRODER, ou Plan Leader na Terra de Montes) e con esto despertan unha iniciativa privada que estaba durmindo ou emigrada desde hai moitos anos.

Un dato: no concello de Forcarei traballase para que unha importante empresa poida establecerse cerca de Vilapouca, e contase que dé traballo a dez persóas. Nunha terra coma esta, onde aínda se pode vivir con un soldo e a axuda dalgunha leira que se semente, eso supón que casi dez familias non teñan que sair fora, máis de trinta persoas comprando nas tendas cada día e perto de quince nenos na escola. Os que saben que moitos dos colexios da bisbarra están a punto de desaparecer por falta de nenos saben o que supón todo esto. 

Poida que sexa moi tarde para evitar que algúns dos nosos lugares acaben abandoados polos derradeiros vellos que hoxe os habitan, pero quizais aínda non o sexan para que os máis importantes (Soutelo, Forcarei, Cerdedo ou Beariz) poidan conservar ós seus xoves e, ó longo, parar esta sangría de xente. O cambio xeneracional que vai ocurrindo na nosa clase dirixente facilita este cambio de mentalidade, e si se consigue que moitos dos investimentos privados dos nosos que foron parar a Vigo ou Pontevedra queden aqui teremos acadado a metade da tarefa.

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es