A Maldición do Sangue:

(Recollida por Rochi na "Guía da Terra de Montes")

Dise que, establecidos os poboadores dos castros nas Rías Baixas, comenzaron tamén a colonizar terras cara ó interior. Daquela estábanse a orixinar enfrontamentos entre os habitantes dos distintos castros, nos que se producían roubos de gando e raptos de mulleres. Nun determinado momento comenzou a verse que algunhas mulleres , despois de parir o seu primeiro fillo sen atrancos, presentaban anomalías no seu segundo parto, de tal maneira que o fillo morría ou tiña algunha tara física. Naquel tempo, en que a superstición estaba moi por encima de calquera coñecemento médico, os poboadores dos castros non deron con unha solución mellor para acabar coa praga que o desterro das mulleres enmeigadas e dos seus fillos, aproveitando a ocasión para expulsar os homes máis conflictivos.

O destiño deste grupo de proscritos foi a Terra dos Montes, onde, segúndo pensaban, morrerían polas duras condicións da natureza. Pero, a natureza foi máis comprensiva cos homes e non só non acabou con eles senón que lles deu pesca e caza abondas, converténdoos nunha próspera comunidade, que máis tarde descubriría tamén os tesouros das minas de metal que abundan nesta terra dos montes.

Así, o que nacera como un desterro, converteuse nunha vida de traballo, illada, pero venturosa e fértil, de tal maneira que para que non volvesen a ocurrir os mesmos problemas coa súa descendencia, prohibíronse os emparellamentos con xentes doutras terras. A lenda dí que cada vez que esto non se respectaba, a maldición volvía e o segundo fillo nacía con taras ou morría.

Ata aquí é lenda, pero os coñecementos médicos dinnos que cando unha muller con RH negativo ten fillos con un home con RH positivo, o primeiro non ten ningún problema, pero o sangue da nai xera anticorpos dabondo para que se enxendra un segundo fillo, este sexa rechazado e poida presentar taras. O Caso é que a xente da Terra de Montes ten unha porcentaxe de RH negativo moi alta, semellente á dos vascos, e esto significaría que se o emparellamento é entre individuos do mesmo tipo (moi probable si son da terra) non hai problema, só cando as mulleres se casan fóra, a maldición do sangue volve.

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es