Sendeirismo, Rutas a cabalo, Parapente, Rafting, etc. son algunhas das actividades que nestes intres están aparecendo na Terra de Montes como complemento ó desenrolo dun incipiente turismo. Un turismo que non só pode basearse na riqueza natural da paisaxe, senón que debe fomentar aquelas actividades que complementan ou axudan a que este paisaxe natural poida ser disfrutado.

Hasta este momento, o visitante ocasional da bisbarra non estaba aloxado nela, non sendo na casa dun parente, nin tiña un itinerario definido. Esto pode cambiar si existise unha definición, documentación e publicidade suficiente destas actividades, do lugar onde levalas a cabo e das posibilidades que se nos ofrecen de aloxamento e de gastronomía.

Neste recuncho queremos recoller unha mostra do que pode ser esta información que, elaborada por verdadeiros coñecedores da comarca e da actividade, debe ser util tanto para os que descoñecen esta terra como para os que, ainda que vivindo nela, descoñecemos a maior parte das súas riquezas.

Rutas de sendeirismo:

 Subida a Conla  (J. A. Ricoi)

 Rota do Cebral  (J. A. Ricoy)

Rutas a Cabalo:

 Rutas a cabalo e Picadeiro Pereiras. 

 Rutas a cabalo Alvite, (Beariz) 

   Rutas a cabalo e Picadeiro “Silva”, (Cerdedo) 

Deportes de risco:

 Turnauga: Empresa de servicios de lecer vinculados cos deportes activos de natureza e risco que se poden practicar en Galicia. Aínda que ten a súa sede na provincia de Pontevedra, opera en toda Galicia. É a empresa encargada da Hospedería "San Gonzalo das Penas" no que era o Convento de Aciveiro.

  Escola Municipal de Parapente: No monte do Seixo, no Concello deCerdedo 

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es