Na Terra de Montes existen importantes restos prehistóricos, que poden ser divididos en dous grupos por pertenceren a culturas ben diferenciadas: a cultura dos Dólmenes ou Mámoas (Siglos IV ó II a.c.)  e a cultura dos Castros, no milenio posterior. Ambas as dúas teñen representación en calquera dos tres concellos,

Hai mámoas sobre todo nas parroquias de Castrelo, Dúas Igrexas, A Madalena e Aciveiro en Forcarei, As Ventelas e Os Liñares, en Lebozán, e Sto Domingo en Xirazga (Beariz). De feito moitos lugares recordano no seu nome: Campo das  Mamoas (Soutelo), Coto da Mamoa, e outros.

Grabado cruciforme en Sta. Marina de Presqueiras.  (Foto: Guía Turística) A cultura castrexa e igual de abundante, e da nome hasta a un lugar (Os Castros) en Quireza, e a unha parroquia (O Castro) ambolos dous no concello de Cerdedo, onde se conservan restos de moitos deles, todos sin explotar pero considerados entre os mellor conservados de Galicia. Tamén hai en Garfian e Magros (Beariz) e Parada, Sanguñedo, Loureiro, Muras (Pereira), A grela, Garellas, A Morteira, e sobre todo o Castro de Montes en Presqueiras (Forcarei), onde posteriormente se construeu a forteza que chegaría a ser o centro administrativo da comarca o longo de moitos séculos.  Dende alí, os Xuices-Meriños, gobernaron a bisbarra hasta a súa desaparición cando tivo lugar a denominada Revolta Irmandiña.

Castro de Loureiro.  (Foto: Guía Turística)

Tamén se conservan importantes petroglifos e restos de grabados na pedra, sobre todo o longo da cunca do río Lérez. O campo das Cruces en Santa Mariña de Presqueiras es un bo exemplo, pero tamén hai na parroquia de Parada, onde se observan figuras de cervos, ou en Folgoso.

Posteriormente, Os romanos deixaronnos restos de minería en Millerada e Dúas Igrexas, pero sobre todo as súas pontes en Pedre, Parada e Ricobanca (Beariz), e vestixios de vías en Meavía e Cerdedo.

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es