Un conflicto máis polo monte

Os veciños da parroquia de Zobra, no Concello de Lalín, vén reclamando desde hai perto de oito anos unha extensión de arredor de 310 hectareas de monte que neste momento pertenece á parroquia da Madalena (Forcarei), en concreto ós lugares de Trasdomonte. Baséan a súa reivindicación nun papel no que parecen fixarse estes lindes, (eu non tiven ocasión de le-lo) e que data do ano 1835, cando ocurreu en España a desamortización de Mendizabal que desafecta as terras dos mosteiros e rompe a ordenación territorial da comarca de Terra de Montes a que pertenecía a maior parte de Zobra.

Debe terse especialmente en conta a data deste documento e a situación da bisbarra naqueles tempos, xusto no momento en que desaparece a xurisdición eclesiastica e os concellos de Duas Igrexas e Soutelo-Pardesoa dan lugar ó actual de Forcarei, pasando Zobra a depender de Lalín e Bearíz á provincia de Ourense.

Son tempos en que España vivía a rexencia de María Cristina, nai da que seria raiña Isable II, quen solo contaba con cinco anos de edade. Tempos en que a maioría das colonias de América, exceptuando Cuba, acaban de independizarse e as guerras carlistas, pouco seguidas en Montes, estaban no máximo apogeo.

Posteriormente a esta partición (na que, por certo, se cita como un dos puntos do linde o “Muiño da graña”, que corresponde según os de Zobra ó situado perto do encoro do que foi a central hidroeléctrica e según os de Trasdomonte no río Grovas, cerca do Ameixedo, que sí corresponde con un dos puntos do linde actual) conservanse outros dous documentos que describen o linde entre os dous concellos, un datado no ano 1875 e outro do ano 1945.

O primeiro deles fixa os lindes máis próximos ós lugares de Portomartiño e A Trigueira (Zobra) mentras que o segundo, que é o actualmente aceptado, marca uns puntos entre medias dos dous anteriores.

Estes datos explican que non se trata só de un problema sobre a propiedade do monte entre lugares, senón de lindes entre concellos, que debe resolverse entre os concellos e non entre os veciños dos lugares.

O conflicto actual comenzou a mediados dos anos noventa cando a sociedade de cazadores de Zobra pretendía acoutar para a caza esta parcela de monte. A petición dos veciños de Trasdomonte chegou a intervenir o Tribunal provincial de Montes en man común, que fallou ó seu favor, dando por probado que o monte pertenecía á parroquia da Madalena, por história e porque todolos camiños existentes dirixense caria os lugares de Trasdomonte, o que claramente indica quen realizaba a explotación. Así mismo estimábase que varias minas de estaño explotadas nos anos da posguerra pagaban os seus impostos neste concello. Este fallo non foi recurrido polos veciños de Zobra.

Coa aparición dos parque eólicos, a titularidade do monte cobra un interese especial, xa que non son os concellos senón os lugares, e polo tanto os veciños os que cobran pola cesión dos terreos para xeneradores e liñas. Por este concepto a parroquia de Zobra recibe cartos dabondo ó permitir nos seus terreos o Parque do Testeiro. O reparto destes cartos xa probocou outros conflictos semellantes cos concellos veciños (Irixo e Boborás) e entre os propios habitantes da parroquia, que non eran capaces de determinar quen era veciño e quen non, dado que, como é habitual nesta terra, hai emigrantes a rodo con casa no lugar pero que non están nunca nel.

A percura dos cartos e a intervención de xente que aínda que teña aquí as súas raices, non é xente do campo, xente que se considera máis culta porque ten máis cartos, ou porque ten estudios, ou sinxelamente, porque leron un libro aínda que lle falten moitos outros por ler, están levando ó absurdo este conflicto, onde despois de tres sentencias en contra, os veciños de Zobra afirman que pensan seguir recurrindo calquer sentencia que non lles sexa favorable.

Nos derradeiros meses algún veciños de Zobra trataron de recoller firmas alomenos nos lugares de Portomartiño e O Ameixedo (os dous máis próximos á Forcarei) nas que se afirmaba que eles tiñan levado as vacas a pastar ó monte en litixio. Nestes lugares non quixeron firmar porque, aparte de saber que non é verdade o que se afirma, nunca tiveron ningún problema de convivencia cos veciños de Trasdomonte e non son eles os promotores do conflicto.

Recentemente, a petición dos veciños de Zobra, tivo lugar unha reunión no propio monte á que asistiron perto de cincoenta veciños desta parroquia, un representante do Concello de Lalín, dous veciños de Trasdomonte e dous representantes do Concello de Forcarei. Na reunión, por suposto, non se chegou a ningún acordo pero púxose de manifesto que o Concello de Lalín non ten moito interese en participar nestas guerras, consciente quezais do seu orixen, pero tampouco aclarar definitivamente ós veciños o seu erro, porque esto faría perder votos á corporación gobernante. O de Forcarei é máis belixerante dado que afecta ós seus lindes actuais, e desde que era alcalde o Sr. Brea Porto ou nestes intres, con David Raposeiras sempre se persoaron nas reunións e axudaron ós veciños de Trasdomonte no que puderon.

¿Cal é o problema o noso entender? O mesmo que cando un rico vai ó pleito con un pobre. Aínda que o pobre teña razón, acaba cansandose de pelexar con alguén a que os cartos non lle importan demasiado. Neste caso, nos lugares de Trasdomonte quedan uns cantos vellos que son os que coñecen a historia e as costumes. Os demáis, uns estamos fora e outros mostran pouco interese pola súa terra. Si os vellos faltan ou se cansan pode pasar que os que tratemos de defendernos neste conflicto sexamos tamén como os que falamos antes, que temos lido un libro pero faltanos outros moitos por ler, coñecemos a realidade pero faltanos a historia e, desgraciadamente, a nosa terra vive moito da historia.

 M. C.

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es