Aquí transcríbese literalmente, sin quitar nin pór unha coma e con todas as súas faltas de ortografía, un documento, copia doutro orixinal que se cita, que foi feito po lo escribán "de su Majestad" Alonso Lois, do lugar de Silvaescura, hoxe desaparecido, que estaba o lado do río de Soutelo, polo camiño que vai aínda hoxe cara a Trasdomonte, e do que quedan algunhas pedras entre a maleza.

Documento da cesión de terras os veciños dos Codesás por parte dos frades de Acibeiro.  (Foto: Manuel Cerdeira)

No documento, Os frades do convento de Aciveiro, cunha cumprida retórica fixan o dezmo ou renta a pagar polos labregos do lugar dos Codesás para disfrutar das súas terras. Non é unha venda, só unha cesión pola vida de tres reis. Posto que a data fíxase estando en vida Carlos II, suponse que chegaría ata a morte de Fernando VI e a chegada o trono de Carlos III.

É curioso comprobar como se recoñecen aínda os apelidos de case todas as familias do lugar entre os citados no texto

  Texto de documento

 

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es