Subida á conla.

No oeste da bisbarra de Terra de Montes atópase a cordal montañosa chamada Montouto e a súa elevación  máis importante A Conla. Dende este outeiro domínase toda a  bisbarra e mesmo outras zonas máis afastadas como a ría de Arousa, a de Pontevedra, A Estrada, etc. A subida a este pico é un dos sendeiros máis bonitos dos que se poden facer na Terra de Montes e, sin lugar a dúbidas, o que nos permitirá divisar paisaxes máis impresionantes.

Este sendeiro comeza no lugar de Cuiña, ó pé das primeiras das casas entrando por Bugarín, sae da aldea por un camiño con firme de formigón, que leva cara o monte, e por entre prados e veigas de cultivo vai separándose da aldea polas ladeiras do monte. Segundo nos imos afastando da aldea e gañando altitude ó voltar a vista atrás podemos ve-lo valle de Quireza.

Seguimos asendende o cegamos a zona das Chozas onde o camiño discorre poralelo ó río Cubelos que descende encaixado por un estreito val, loo o camiño vira a dereita en Carballa Gallarda, unha carballeria e diríxese o rí,o, que atravesa polo chamado pozo das  troittas en alusión os peixes que, seguramente noutras épocs se podía ver por alí. Depois de cruzalo regato o sendeiro sobe perpendicularmente á pendente en busca da pista forestal que bordea toda a corda. Ó cegar á pista o sendeiro segure pola pista pola esquerda ata o Correntigo, onde hai un cercado utilizado polos gandeiros da zona para marcar e sanear o gando salvase. Dende alí o  sendeiro desvíase á dereita por un camiño de monte que ascende pola ladeira.

 

 

Seguindo este camiño cegamos á Chan de Monte de Fondós onde o camiño que seguimos desemboca noutro camiño que vai polos cumes  de toda a cordal, ó cegar a este camiño o sendeiro segue a esquerda e continúa polo camiño dereito ata a cima da Conla.

 

Unha vez na cima poderemos comtemplar a emorme paisaxe que se divisa dende alí, dende a  Ría de Arousa ata a serra do Candán e dende o Cadavo ata os montes do Paraño.

 

Depois de descansar na cima o desenso podemolo realizar agora pola ladeira sur da Conla e, dende a cima, imos polo cumio en dirección sur ata a cima do cortafuegos que sobe dende o Campo do Marco, baixamos por el ata o refuxio de gando que hai no Campo do Marco, onde aínda se pode ver a pedra (marco) que separa o monte de Cerdedo do de Campo Lameiro.

Dende o Marco baixamos pola antigua calzada que levaba dende a bisbarra de Campo Lamero ó val de Quireza, calzada esta que descende á dereita do refuxio de gando e que nos levará ata a Carballa Gallarda, onde retomaremolo camiño de regreso que nos levará a Cuiña lugar de comezo do sendeiro.

Durante todo este sendeiro poderemos contemplar sa greas (manadas) de cabalos salvases, compostos polo típico cabalos galego (garañón), cabalo este que é o protagonista da famosa festa da RAPA DAS  BESTAS . Durante bestas festas estas greas son xuntadas no Peón (lugar próximo á Conla) e dende alí son conducidas á aldea de Sabucedo, onde son rapadas no curro.

 

DURARACIÓN:  dúas horas.

DISTANCIA: 8 Km.

DIFICULTADE: mínima.

EPOCA: Nos meses de xuño e xullo (primordialmente)