Rota de cebral.

 

Ø      Distancia:

10km.

Ø      Desnivel:

470 m.

Ø      Díficultade:

mínima

Ø      Epoca:

veran

 

 

Na Serra do Testeiro, a cabalo entre as provincias de Pontevedra e Ourense, aínda hoxe se atopan algunhas aldeas que conservan a imaxe típica das pequenas poboacións características das montañas das Serras do Testeiro e o Candán. Aquela mesma imaxe que todos temos visto nas películas do añorado Chano Piñeiro.

Un día deume por ir ata o Cebral, nunca tivera coñecido este lugar se non fóra pola miña teimosa afección ós mapas. Nunha ocasións, detallando o mapa 153-IV do IGN (Soutelo de Montes), vin unha pequena aldea no fondo dun val, que polas curvas de nivel parecía un burato.

Reparei ben no mapa para ver de que xeito podía ir dende a estrada nacional 541 que vai de  Pontevedra a Ourense e diseñei o meu camiño, agarrei merenda para medio día, unha pucha, a mochila co meu mapiña cheo de garabatos e aló marchei.

Cheguei ata o lugar de Regueiro en coche pola estrada nacional 541 seguín aproximadamente un Km pola mesma estrada  dirección Ourense ata chegar aproxi­ma­da­men­te ó Km. 46.400, lugar no que, pola marxe esquerda da estrada (dirección Pontevera a Ourense), saen dúas estradas cativas, unha asfaltada que leva por unha forte pendente ó lugar de Cerdeira .e outra que é  un camiño forestal (na actualidade asfaltado, porque dá acceso ó parque eólico), que conduce cara o Testeiro. Aparquei o coche a carón do equelete dunha casa en construcción que leva así dende que eu acordo, carguei o petate ó lombo e botei a andar costa arriba.

Seguín o camiño en dirección norte ata o alto, alí desvieime uns metros do camiño, achegueime o borde o precipicio, e dende alí contemplei a impresionante panorámica do val que ía quedando á miña dereita.

Antes de empezar a subir cara o Testeiro abandonei o camiño que levaba e seguín un que pola esquerda bordeaba os picos do Testeiro en dirección Leste pola zona chamada Malpaso.

Unha vez na ladeira Leste da serra deixei o camiño anterior e tomei un que pola esquerda descendía un zic-zac ladeira abaixo na busca do río. Segundo baixaba podía obsevar como a vexetación ía cambiando dende monte baixao sen apenas árbores  nin arbustos a bosque de frutais, sobre todo cerdeiras e castiñeiros, xa no fondo do val.ó pé das casas da aldea.

Entretido como ía na vista daquel enorme val agochado entre as motañas e todos aquelas  pequenas aldeas, nas que, pensaba eu, tal vez nalgunhas delas  xa non viviría ninguén, non me decatei cando, de súpeto, diante de min a 100 m camiña abaixo aparecían os tellados das primeiras casas de Cebral.

Cheguei o lugar e fun dereito ó pilón, onde hai unha fonte que está ó pé da  estrada. Dalí metinme por entre as casas e quedei abraiado cando vin aquelas rúas cheas de casiñas iguais todas ós dous lados da rúa. Viñanme á cabeza os barrios onde miles de vivendas todas iguais enchen as cidades actuais.

Quizais sexa na aldea de Cebral onde mellor se conserva a arquitectura rural tipica destas terras de montaña. Cebral sitúase preciasamente, no corazón da Serra do Testeiro, a carón do río do Testeiro no máis fondo do val polo que discorre este río.

As casas das aldeas destas montañas caracterí­zan­se por seren de dúas pran­tas máis faiado. Na pranta baixa están as cortes onde están os animais, importante fonte de calor nas frías invernías que se viven nestas terras. No primeiro andar ó que se accede dende o exterior por unha escaleria dende o camiño ou o curral, hai un corredor exterior que está diante da porta de entrada a vivenda , no interior están as dependencias da vivenda. As casas máis humildes están adosadas unhas ás outras, mentras que as máis puidientes son máis grandes e diante das escaleiras está o curral, que soe estar cerrado por un muro ó que se accede por unha cancela con portalón.

Percorrín as rúas da aldea e falei coa xente, preguntáronme de onde era (pregunta obrigada), logo convidaronme a que volvera polo mes de xuño (como me dixo unha muller “encima do mes de xuño”) que había moitas cereixas.

Despois de descansar un pouco, emprendín o regreso, a costa é suave, pero prolongada e co calor das doce dun día de verán, a dificultade multiplícase por dous, pero o esforzo paga a pena.