"Xente ao Lonxe"  é unha idea que xorde a raíz da importante cantidade de emigrantes que escriben a estas páxinas buscando alguén que lles poida dar información acerca dos seus devanceiros. Son xentes que xa non naceron aquí, pero oíron contar ás súas avoas como era a Terra de Montes, e saben que nela ficou boa parte da súa xente. Hoxe queren saber qué foi dos seus e, se cadra, volver velos.

Con esta intención iremos poñendo aquí todos os correos que vaian chegando con este fin, e o seu enderezo electrónico se o acompañan. O que pense que coñece a algúns deses familiares ou teña a información que se solicita, pódelle escribir directamente ó solicitante; se non trataremos de xuntalos "virtualmente" a través destas páxinas.

Preme no botón "Correo" para ler as cartas que foron recibidas ata hoxe. Para darlles unha resposta, preme no enderezo de cada unha.

Engadimos tamén unha ligazón coa Asociación Cultural FILLOS DE GALICIA, dedicada precisamente á localización de emigrantes. Si alguén quere porse en contacto con eles pode facelo desde aquí ou desde o apartado de "Ligazóns de Interese"

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es