A Edelmiro Cerdeira, meu pai, que volveu a coller o lápiz e o papel e tentou recoller a máis grande cantidade posible de verbas para o diccionario dos arxinas.

A Xoán Carlos Gulías, mestre da nosa lingoa, que vai correxindo o que eu escribo e tenta, con pouco éxito, que o meu galego mellore.

A Manuel Prado López, alcalde de Beariz, que respondeu a miña petición de información con un interesantísimo libro que foi a miña principal fonte de información acerca deste concello.

A Francisco Rozados "Rochi", Teniente-Alcalde do Concello de Forcarei, e por ende o alcalde David Raposeiras Correa. Eles fanme chegar canta información son capaces de xuntar acerca do Concello. Especialmente a revista cultural Cotaredo, que Rochi dirixe, aporta moitos dos datos aquí recollidos. Tamén os recentes libros "Terra de Montes" e a Biografía do Gaiteiro de X. M. Rivas Troitiño, editada polo concello.

A J. A. Ricoy  polo interés que se toma en mandarme toda aquela información que considera que me pode valer para mellorar esta páxina.

A Alfredo González Ruibal, por mandarme toda a documentación relativa o Centro Etnográfico da Terra de Montes, do que é un dos principales promotores.

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es