Esta non é unha páxina comercial nin corresponde a ningunha organización oficial, é só un intento de dar a coñecer unha bisbarra con moitas posibilidades para aquela xente que se achegue a ela. Ten polo tanto carencias, moitas, pero que se irán corrixindo pouco a pouco coa axuda de todos.

Aquí non hai unha descrición das cousas que se poden ver nesta bisbarra. Hai unha ollada Parcial, Interesada e Incompleta dalgunhas destas cousas. E digo que é Parcial porque ninguén pode non selo cando fala ou escribe do lugar onde naceu e se criou. É interesada porque alí estan os meus, a miña xente. Está incompleta porque cada día iremos pondo unha cousiña, un retrato, algo novo, que puider chegar ás nosas mans.     

As imaxes son públicas, unhas collidas de xornais e guías turísticas, e a maioría feitas polo propio autor. Se alguén considera que algunha delas non debe estar aquí por ter dereitos de propiedade, será retirada de xeito inmediato.

Se se encontra algunha falla no que aquí se afirma, agradecería que se me comunicase, e para eso está a páxina titulada "Colabore con Nós". Tamén se alguén quere aportar algunha información ou imaxe pode facelo a través do enderezo de correo que alí se indica. Canto máis deamos a coñecer esta terra, mellor.

                                  Manuel Cerdeira Taboada.  

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es