<< Anterior   Seguinte >>

29-Xuño-2008.

 

Xosé Balseiros, Alcalde de Cerdedo, quere que a futura variante da N-541 pase máis lonxe do núcleo urbán, evitando así que afecte a viales e outras infraestructuras da vila. Quere levar esta petición a Madrid, para que o Ministerio de Fomento a teña en conta.  (A Voz de Galicia)

8-Xuño-2008.

 

A Madalena (Forcarei) acollerá o vindeiro fin de semán no seu circuito de velocidade o campionato galego de motos, para o que xa están inscritos 89 pilotos. (A Voz de Galicia)

28-Xuño-2008.

 

O Concello de Forcarei aprobou onte no pleno unha modificación do regulamento municipal de honras e distincións para dar amparo oficial á concesión das medallas do Gaiteiro de Soutelo. Cada edición da Festa do Gaiteiro concédense cinco, pero a título simbólico, xa que a sá imposición non estaba regulada. Segundo regulamento, a medalla entregarase «a personas físicas ou xurídicas, institucións ou entidades públicas ou privadas que contribúan á promoción e potenciación da música tradicional galega e concretamente ó mundo da gaita». A medalla oficial será bifaz, circular e terá o escudo municipal nunha das súas caras e a figura de Avelino Cachafeiro tomada dun dibuxo de Castelao polo outro.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>