<< Anterior   Seguinte >>

19-Xuño-2007.

Balseiros, Alcalde de Cerdedo, quere que a autovía Santiago-AEstrada non pare aquí, senón que chegue hasta xuntarse coa solicitada vía de alta capacidade entre Ourense e Pontevedra na Terra de Montes. Esta comunicación, xunto coa que exista con Lalín e Lugo deixarían esta comarca nunha mellor posición para o seu desenrolo industrial e fomentaría a implantación de empresas no territorio. Así mesmo quere fomentar a "excelecia turística" da zona coa presencia de un hotel e un campo de golf, e de promover os novos "macropolígonos" industriales.  (Faro de Vigo)

30-Xuño-2007.

A Rapa das Bestas conqueriu por fin o distintivo de "Festa de interés trrístico internacional" polo que viña loitando. A Festa comenzará o vindeiro venres coa inauguración das exposicións "A Rapa das Besta, O sentir de Sabucedo" e "O mestre de Sabucedo", para continuar co festival musical "Sons da Rapa". O sábado haberá curro pola tarde e o domingo mañán e tarde. O lunes rematará a festa.  (Faro de Vigo)

 

17-Xuño-2007.

Toman posesión do seu cargo os tres alcaldes da Terra de Montes. Os tres repiten con maioría absoluta, tanta que en Beariz chega á unanimidade e en Cerdedo tamén, porque o único representante do PSOE dou o seu apoio a Balseiros. En Forcarei, Raposeiras baixou os apoios recibidos na anterior lexislatura pero, aínda así,  conta con unha amplia maioría.  (Faro de Vigo)

19-Xuño-2007.

José Balseiros, alcalde de Cerdedo, foi elexido por unanimidade entre os concelleiros do PP de Tabeirós-Terra de Montes como novo Diputado provincial pola comarca. No seu primeiro día falou de dedicar a lexislatura a "relanzar o protagonismo da comarca" e da importancia de que os tres concellos vaian da man en todolos proxectos que lles afecten.  (Faro de Vigo)

05-Xuño-2007.

Un tribunal do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo anda evaluando o "Interese internacional" da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo. A Asociación representativa da festa presentou 15 reportaxes periodísticos extranxeiros para argumentar a declaración solicitada. Por outra banda, descartase que este ano existan problemas co número de cabalos para a festa debido ós incendios do ano pasado. Pola contra, foron localizadas bastantes crías e cabalos adultos no "Monte de Arriba", cos que non se contaba.  (Faro de Vigo)

05-Xuño-2007.

Alejandro Gomez, elexido concelleiro polo PP de Forcarei, non tomará posesión do seu cargo para dedicarse de cheo ó seu labor como diputado autonómico. O político, natural de Soutelo, forma parte de comisións tan importantes como a de Organización ou Infraestructuras.  (Faro de Vigo)

 

<< Anterior   Seguinte >>