<< Anterior   Seguinte >>

20-Xuño-2006.

O polígono industrial do Sangal (Cerdedo) está parado desde hai un ano pola falta de aprobación pola Consellería de Política Territorial da xunta dun ordenamento especial de urbanismo que permita adxudicar ás dúas empresas que o solicitaron a totalidade do solo disponible. Estas firmas crearán perto de 120 postos de traballo, que son de ouro para un concello cunha perda de poboación tan importante como é o de Cerdedo, onde o número de pasamentos é seis veces maior que o de nacementos e en todo o ano pasado non casou ninguha parexa.  (A Voz de Galicia)

24-Xuño-2006.

A sociedade de xestión do Xacobeo respalda expresamente a declaración da Rapa das bestas de Sabucedo como festa de interese turístico internacional. Un apoio máis con que contar a falta da resolución do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Só tres festas en Galicia ten esta categoría: as do Apóstol en Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira e o Festival Folk de Ortigueira. (A Voz de Galicia)

 

17-Xuño-2006.

Unha variante de 5.775 metros pola parte norte da vila será a solución ó tráfico en Cerdedo. O orzamento da obra será de 20,9 millóns de euros e trancurrirá entre os km. 62 e 67,5 da actual estrada.  (A Voz de Galicia)

20-Xuño-2006.

O primeiro venres da Rapa das bestas, que se celebrará este ano entre os días 30 de xuño e 3 de xullo, contará con un festival folk na carballeira do medio coa actuación de catro grupos e exposicións sobre a historia de Sabucedo e da Rapa.  (A Voz de Galicia)

2-Xuño-2006.

Dous nenos naceron no que vai de ano no Concello de Cerdedo, polos seis que o fixeron ó longo de todo o ano 2005. A este paso, a perda en poboació pode chegar a ser alarmante e a nova guardería terá prazas dabondo.  (A Voz de Galicia)

16-Xuño-2006.

A Xunta de Galicia autorizou o asinamento do convenio que permitirá a construcción da residencia de maiores de Cerdedo. Esta residencia foi proxectada hai 15 anos con 22 prazas que hoxe poderian ser o doble, xa ten parte do local construido e precisa duns 450.000 euros para o seu remate. Tamén se aprobou un orzamento de 1,2 millóns de euros para a nova depuradora e saneamento da capitalidade do concello. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>