<< Anterior   Seguinte >>

27-Xuño-2005.
 

A Asociación Amigos da Terra de Montes rendirá un homenaxe ó que foi alcalde de Cerdedo Xosé Luis Jorge Caramés e a Manuel Diz Ramos, escritor e investigador da comarca. A reunión será en Beariz i día 8 de agosto e contará con unha conferencia de Carlos Loureiro dedicada ós escritores da Terra de Montes. (A Voz de Galicia)

27-Xuño-2005.
 

A primeiro de mes matouse outro piloto da base aérea de Doade (Beariz) cando estaba apagando nun lume na bisbarra. Terá un homenaxe por parte do concello de Beariz. a son dous os piloltos que morreron nesta base en menos dun ano.  (A Voz de Galicia)

17-Xuño-2005.
 

Soutelo terá un novo pabellón multiusos con audotorio e unha sala de exposicións. O Concello xa ten apoio de varios consellerías da Xunta e aínda faltan outras fontes por confirmalo. (A Voz de Galicia)

 

20-Xuño-2005.

Resultado das eleccións galegas na Terra de Montes:

Municipio            P. P.              P.S.O.E.          B.N.G.            

Forcarei      1.724 (61,8%)       703 (25,2%)     344  (12,3%)    

Cerdedo        693  (57,4%)       368 (30,5%)    138  (11,4%)    

Beariz           756  (88,6%)         57  (6,7%)       39  (4,6%)    

(A Voz de Galicia)             

13-Xuño-2005.
 

O campamento de Pontemaril (Forcarei) esteará as súas novas instalacións caria o fin deste mes con un campamento de natureza só para rapaces deste concello. Este campamento conta desde este ano con habitacións fixas que permitirán o seu uso como albergue no inverno. Estas instalacións están consideradas como unhas das mellores deste tipo en toda europa.  (A Voz de Galicia)

16-Xuño-2005.
 

O sector audiovisual galego, en unha forte expansión nos derradeiros anos, propón a Chano Piñeiro para a celebración do Día das letras galegas do ano 2006 como recoñecemento pola incorporación da nosa lingoa ó cine. Para ser recoñecido pola Real academia galega terá que competir con outros escritores galegos moi importantes como Carballo Calero ou Paz Andrade.  (A Voz de Galicia)

9-Xuño-2005.
 

As axudas europeas para a bisbarra, recollidas no Plan Leader Montes xa están esgotadas e os empresarios que as solicitan pasan a unha lista de espera, que só tería validez si un dos que as ten obtido renuncia a elas ou se ten un informe desfavorable das autoridades.  (A Voz de Galicia)

9-Xuño-2005.
 

A Trigueira (Zobra) terá catro apartamentos destiñados ó turismo no que foi a chamada "Casa das minas". Tamén se ten pedido unha subvención para construir un área recreativa perto do río.  (A Voz de Galicia)

 

8-Xuño-2005.
 

Forcarei aprobou a mellora da rede de saneamento de Cachafeiro, que permitirá recoller todas as augas das casas e levalas á deouradora, que tamén será mellorada.  (A Voz de Galicia)

9-Xuño-2005.
 

O "Museo da Rapa das Bestas" que se está construíndo na retoral de Sabucedo non poderá abrirse para a festa deste ano xa que aínda lle quedan algunhas melloras por facer no edificio.  (A Voz de Galicia)

1-Xuño-2005.
 

O presidente da Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou a Terra de Montes e está estudando a posibilidade de que esta institución participe na creación do novo polígono industrial entre Cerdedo e Forcarei, perto do actual de Vilapouca. Este polígono, polas súas dimensións e situción podería dinamizar a industria destes concellos dun xeito definitivo.  (A Voz de Galicia)

1-Xuño-2005.
 

O retábulo do convento de Aciveiro será restaurado mediante unha dotación que fai a Xunta de Galicia que se achega ós 48.000 euros. Tamén serán restaurados os retábulos das igrexas de Santa María de Folgoso  e Sto. Tomé de Quireza (Cerdedo).  (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>