<< Anterior   Seguinte >>

22-Xuño-2004.

O Concello de Cerdedo selecciona hoxe os 35 traballadores para o seu obradoiro de emprego. Hai tres opcións: cateiría, construcción e forestal. Tamén acaba de licitarse as obras de instalación do Punto Limpo, que contará con un orzamento de 164.000 euros e un prazo de execución de tres meses.  (A Voz de Galicia)

19-Xuño-2004.

"Verbo Xido" organiza varios actos en Cerdedo para recordar ós republicanos represaliados durante a gerra civil. Presentarase un libro de Dionisio Pereira sobre Xosé Otero Espasandín, poeta nado na parroquia de Castro.  (A Voz de Galicia)

20-Xuño-2004.

Inaugúrase por fin a mellora do acceso a Forcarei desde a estrada de Silleda. Será o vindeiro martes e estará presente o presidente da Diputación Provincial de Pontevedra, o Sr. Louzán.  (A Voz de Galicia)

 

18-Xuño-2004.

Cada día é máis escasa a información que os diarios galegos ofrecen sobre o Concello de Beariz. Está enmarcado na comarca de O Carballiño pero poucos diarios ten alí corresponsal e semple entra dentro da información de Ourense. A Voz de Galicia sigue mantendo corresponsales en A Estrada e Lalín e desde alí cobren a información de Forcarei e Cerdedo. O Faro de Vigo ten bastante abandoada a bisbarra desde que hai dous anos cambiaron o seu corresponsal.  (M. C.)

19-Xuño-2004.

Cachafeiro (Forcarei) celebra por terceiro ano consecutivo a romaría da Virxen dos Remedios na carballeira da Freixeira. Esta festa, de recente instauración, contará con postos de polvo e churrascada para todos pola noite.  (A Voz de Galicia)

 

14-Xuño-2004.

Resultado das eleccións ó Parlamento Europeo na Terra de Montes:

Municipio            P. P.              P.S.O.E.          B.N.G.                E. U.    

Forcarei      1.417 (64,8%)       574 (26,2%)     154  (7,0%)     9 (0,41%)

Cerdedo        430  (49,9%)       322 (37,4%)       82  (9,5%)     9 (1,05%)

Beariz           754  (92,4%)         42  (5,2%)       12  (1,5%)      3  (0,4%)

(El Mundo)

15-Xuño-2004.

Hasta doce axencias turísticas alemanas mandarán representantes á "Rapa das Bestas" para ver si poden incluir esta festa nos seus destiños turísticos. Tamén desde Caravaca (Murcia) chega unha escursión con ánimo de aprender. A rapa celébrase este ano entre os días un e catro de Xullo  (A Voz de Galicia)

12-Xuño-2004.

A Diputación Provincial destiñará 190.000 euros á mellora da estrada entre Forcarei e Folgoso (Cerdedo). Esta estrada xa está en obras noutros tramos posto que comunica á Terra de Montes con Silleda e Lalín e as do seu arredor xa foron melloradas recentemente.  (A Voz de Galicia)

13-Xuño-2004.

Cerdedo recuperou onte a romaría de San Antón, no conxunto histórico que leva o seu nome. Foi unha festa con misa na ermida e festa na veira do río con churrasco, carne ó caldeiro, polvo e música de gaitas.  (A Voz de Galicia)

8-Xuño-2004.

A Xunta saca a concurso a renovación da rede de augas de Soutelo por un importe de 211.000 euros. Os traballos inclúen un novo depósito e as tuberías principais que aínda son de uralita. O Concello terá que pagar as secundarias e outras melloras por un valor de 20.000 euros.  (A Voz de Galicia)

10-Xuño-2004.

O Concello de Forcarei saca a concurso catorce prazas de operarios para as brigadas de incendios na campaña deste vran. Tamén se quere cubrir a praza de Policía Local que queda libre por xuvilación.  (A Voz de Galicia)

4-Xuño-2004.

Os concellos da bisbarra tiñan previsto moitas inauguracións para esta campaña electoral pero decidiron atrasalas polas acusacións de electoralismo feitas pola oposición. Este é o caso do vial entre Forcarei e a estrada de Silleda, a rúa J e o Punto Limpo, previstas en Forcarei coa presencia de conselleiros da Xunta.  (A Voz de Galicia)

4-Xuño-2004.

O Concello de Cerdedo ten medo que non se sustituia ó medico que se xuvila no seu ambulatorio xa que o número de habitantes baixa do establecido para ter dous. Estase a estudar a incorporación á este centro de parroquias de Cotobade (Caroi) ou A Estrada (Sabucedo) ás cales lle queda moito máis cerca esta poboación cas que tén asinadas.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>