<< Anterior   Seguinte >>

20-Xuño-2003.

O vindeiro venres catro de Xullo arranca a Rapa das Bestas co pregón, que este ano terá como protagonista a Sergio Pazos, coñecido polo programa de Telecinco "Caiga Quién Caiga", e posteriormente terá lugar un certame folk no Campo do medio. O albergue cheo dende hai dous meses, os veciños dispostos para localizar hasta 900 cabalos e todo a punto para o maior xuntoiro de xente de toda a Terra de Montes. (A Voz de Galicia)

23-Xuño-2003.

Dous veciños da parroquia forcareicense de Pereira queixanse das "inxustizas e abusos" da Concentración Parcelaria levada a cabo na parroquia e culpan o alcalde de favorecer a súa familia no reparto. Raposeiras contestou que calquera pode comprobar que a súa familia non resultou precisamente moi favorecida, e que el só se sinte culpable de impulsar unha concentración apoiada pola casi totalidade dos afectados.  (A Voz de Galicia)

19-Xuño-2003.

Celébrase en Forcarei a "Semana de Portugal" con un cartel cheo de música, cultura e deportes a desenrolar entre Forcarei e Soutelo. Partidos de futbol con equipos e seleccións do país veciño, bandas de música, e unha exposición de artistas plásticos serán os pratos fortes desta semán de hirmanamento.  (A Voz de Galicia)

20-Xuño-2003.

Finalmente será Ramón Campos, alcalde da Estrada, o diputado provincial da bisbarra aínda que lle correspondería a Cerdedo polo acordo de rotación establecido hai anos. A pasada lexislatura este cargo estaba ocupado por David Raposeiras, alcalde de Forcarei  (A Voz de Galicia)

17-Xuño-2003.

Tres millóns de Euros investirá a xunta na mellora da estrada entre Forcarei e Soutelo, máis concretamente no tramo entre Cachafeiro e Vilapouca. Esta obra rematará a conexión entre A Estrada, Forcarei, Soutelo e Lalín.  (A Voz de Galicia)

18-Xuño-2003.

Soutelo busca voluntarios para organizar as súas festas. Mari Carmen García Sanmartín, que levou a cabo o ano pasado esta tarefa, di, e con razón, que ela colabora pero que fai falta alguén que axude.  (A Voz de Galicia)

16-Xuño-2003.

Uns 230.000 euros, aportados polo concello e pola Xunta de Galicia, investiranse na reforma da praza de Aciveiro. Rebaixarase o seu nivel e reservarase un espaciom para aparcamentos (A Voz de Galicia)

17-Xuño-2003.

Os chiringuitos da festa da Rapa tenrán que aportar unha fianza que lles será devolta si deixan o recinto limpo e coidado. É unha especie de "Ecotasa" para evitar os desperfeitos na carballeira e o recinto. (A Voz de Galicia)

16-Xuño-2003.

O Ministerio de Fomento anunciou que pensa estudiar o trazado do AVE entre Ourense e Vigo por Cerdedo, como recomendan moitas institucións. Este trazado non aportaría nada novo a nosa terra porque non parece probable que se construíra unha estación, e menos que parara o tren. (A Voz de Galicia)

16-Xuño-2003.

Francisco Rozados "Rochi" presentou o seu primeiro libro de relatos titulado "Memoria de Trasdomonte" editado por Edicións Fervenza. O libro, que se desenrola nunha terra ben coñecida aínda que imaxinaria, é un retrato da Terra de Montes através das súas xentes (A Voz de Galicia)

16-Xuño-2003.

A Asociación "Rapa das Bestas" venderá anticipadamente entradas para entrar ó curro nas vindeiras festas, reservando só un dez por cen delas para ese día. O Concello da Estrada vai asfaltar os accesos ó albergue e ó Campo do Medio, e Telefónica instalará equipos capaces de dar saída ás conexións vía satelite das televisións e outros medios de comunicación  (A Vos de Galicia)

16-Xuño-2003.

Boas intencións as que se manifestaron na constitución dos concellos en Forcarei e Cerdedo. Tanto gobernos (PP) como oposición (BNG e PSOE) fixeron promesa de esquecerse de partidismos e loitar polo ben dos seus concellos.  (A Voz de Galicia)

13-Xuño-2003.

Alejandro Gómez, edil de Forcarei polo PP, partido no que este hasta fai pouco presidente das Novas Xeneracións en Galicia, pasará a ser diputado no Parlamento Galego sustituindo a María Ramallo. (A Voz de Galicia)

14-Xuño-2003.

A Xunta de Galicia vallará parte do vial entre A Estrada e Forcarei, tal e como reclama a Asociación Rapa das Bestas, para evitar sinistros entre os cabalos e os coches que viaxan pola estrada. (Faro de Vigo)

11-Xuño-2003.

Caixanova renova o seu apoio económico ó CETMO. Con esta aportación e a da Asociación Cultural "Verbo Xido", este centro senlleiro da bisbarra pode permanecer aberto e tentar conquerir a calificación de "Colección visitable", para o que lle son imprescindibles algunhas reformas no local.  (A Voz de Galicia)

11-Xuño-2003.

Onte Morreu no Cachafeiro un xoven de vinte anos ó chocar a súa furgoneta contra un camión. No Accidente tamén se veu implicado un veciño de Forcarei.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>