<< Anterior   Seguinte >>

28-Xuño-2002.

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, quere que o campamento de Pontemaril esté aberto to o ano, e non só no tempo do vrán, o que permitiría aporveitar as instalacións para eventos organizados polo concello, a Xunta ou calquer outro organismo.  (A Voz de Galicia)

30-Xuño-2002.

Un 25% dos habitantes da comarca de Tabeirós-Terra de Montes pasa dos 65 anos. Pero, o que é aínda máis importante, en Cerdedo este número é do 34% e en Forcarei do 30%, cando a media da provincia é só dun 13 por cento.  (Faro de Vigo)

 

26-Xuño-2002.

Unha productora de TV danesa rodará un documental sobre a "Rapa das bestas" en Sabucedo os vindeiros días 5, 6 e 7 de Xullo, en que se celebra este evento.  (Faro de Vigo)

25-Xuño-2002.

Francisco Rozados "Rochi" será no novo xerente do plan "Leader Plus Montes" que comenza a andar a partir do 1 de xullo. O plan está integrado polos concellos de A Estrada, Forcarei, Cerdedo, Beariz, A Lama, Cotovade e Campo Lameiro e os promotores terán hasta un ano e medio para o desenrolo de cada proxecto, unha vez que este sexa aprobado pola Axencia Galega de desenvolvemento rural.  (Faro de Vigo).

21-Xuño-2002.

Só na parroquia de San Martiño de Figueroa contabilízanse 59 muiños de auga segundo un estudio de "Simal Figueroa", seudónimo dun mestre de Cerdedo.  (A Voz de Galicia)

 

19-Xuño-2002.

O Concello de Forcarei comenza as obras de acondicionamento da Casa da Cultura. nela traballa a cooperativa textil Textilfor, ensaia o banda de música da asociación Flor de Toxo, está a Biblioteca Municipal e son impartidos os cursos de formación acupacional da Consellería de Familia. (A Voz de Galicia)

19-Xuño-2002.

O Concurso de carteis para a Festa do Cogumelo serán entregados hoxe en Soutelo. neste concurso participaron nenos dos colexios de Soutelo, Forcarei e Cerdedo.  (A Voz de Galicia)

13-Xuño-2002.

A Festa do gaiteiro de Soutelo que contar este ano coa actuación dun artista ou grupo de importancia e bater todo-los recods de asistencia, tanto en participantes coma en público. Para eso adiantase a promoción e buscarase convertela nunha referencia de música folk en Galicia.  (A Voz de Galicia)

12-Xuño-2002.

Os veciños de Pardesoa piden unha solución para a invasión de porcos bravos que acaba coas colleitas. O xabarín levanta leiras enteiras de pataxas ou millo en pouco tempo e non hai máis arranxo que sementar de novo. As batidas controladas parecen a única solución para rebaixar a poboación deste animal. (A voz de Galicia)

4-Xuño-2002.

O Concello de Forcarei vai sacar a concurso a segunda fase de acondicionamento do polígono de Vilapouca. O presuposto é de 134.404 € e o prazo de execución será de só dous meses.  (Faro de Vigo)

 

<< Anterior   Seguinte >>