Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

27-Xuño-2001.

A oficina de información de Soutelo abrirá as súas portas o próximo domingo, hasta o 30 de setembro atendida por dúas persoas.  (A Voz de Galicia)

27-Xuño-2001.

O Concello de Forcarei pide a Consellería de Familia da Xunta 87 millóns de pesetas para o proxecto de Obradoiro de emprego. Este aportaría 36 postos de traballo para xovenes maiores de 25 anos. (A Voz de Galicia)

27 Xuño-2001.

Cuiña visitou a Terra de Montes, parando en Forcarei, Cerdedo, Soutelo e Aciveiro, para visitar as obras das estradas C-541, dende Forcarei a Vilapouca e a PO-200, entre Aciveiro e Cachafeiro, comunicando así todo o concello con Lalín con unha moderna estrada. Tamén visitou as obras da variante de Portela, que comunica Cerdedo con A Estrada e Santiago, que aínda ten a variante de sabucedo sin rematar.  (A Voz de Galicia)

21-Xuño-2001.

A Rapa das bestas deste ano, que se celebrará en Sabucedo entre os días 7 e 9 de Xullo contará con un festival rock e como novidade, acotarase un recinto no Campo do Medio para que non se acampe, co fin de preservar o medio ambiente e facilitar a limpeza.  Os organizadores queren crear un arquivo gráfico e documental no que se xunten todas as publicacións sobre a Rapa. (A Voz de Galicia).

6-Xuño-2001.

O Campamento de Pontemaril foi sede dos xogos escolares entre os nenos de Forcarei, Soutelo, Cerdedo, A Estrada, Tenorio e Campolameiro.  (A Voz de Galicia)

6-Xuño-2001.

Un Técnico axudará gratuitamente ós veciños do concello de Forcarei a interpretar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).   (A Voz de Galicia)

2-Xuño-2001.

O edil de Forcarei Francisco Gómez Campos mostrou ser polo menos tan bo pescador como político e acadou o primeiro premio no concurso da Festa da Troita, en Ponte Caldelas.

 

 

<< Anterior   Seguinte >>