Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

28-Xuño-2000.

O Instituto Galego de estadística mostra nas súas informacións unha preocupante baixa e envellecemento na poboación da nosa terra. Toda Galicia perde habitantes, pero soo Forcarei ten 237 persoas menos en dous anos. Cerdedo e, nembargantes, o concello que menos perde, con 87, dos cales 10 son nenos de menos de catro anos. (A Voz de Galicia)

20-Xuño-2000.

Os vindeiros días 22 e 23 de Xullo celebrarase en Forcarei o XIV maratón de futbol-sala. Hai 300.000 pts  e trofeos para os primeiros clasificados. O campeón levarase  125.000 pts e unha copa doada po lo concello. Tamén se premiará o mellor conxunto local. (A Voz de Galicia)

13-Xuño-2000.

As 38 comunidades de montes en man común do concello de Cerdedo (Os pobos, en definitiva) acaban de reunirse para formar unha única mancomunidade. Este sabado elexirán directiva e representantes nunha xunta que se fará na Casa da Cultura. (A Voz de Galicia) 

13-Xuño-2000.

A empresa Gamesa, (A dos parques eólicos) parece que aumentou a súa ofrenda polo paso das liñas de alta tensión polos montes de Forcarei, co xeito de que os veciños autoricen ese paso. Entre o que se dixo nos xornáis e o que falan os veciños que se lles dixo hai moito treito para chegar a un acordo. (M. C.)

02-Xuño-2000.

A xunta de Galicia adxudicou as obras para construir 22 vivendas sociais en Soutelo de Montes por valor de 165 millóns de pesetas. O prazo para o seu remate é de 18 meses. (A Voz de Galicia)

02-Xuño-2000.

A revista "Aire Libre", dedicada o turismo na natureza, mostra no séu número de xuño unha rota pola Terra de Montes, que inclúe a Serra do Candán, as neveiras, as minas de Coco, etc. hasta chegar o mosteiro de Aciveiro. A rota está diseñada por J. A. Ricoy, un bo colaborador desta páxina, moi interesado nestes temas. (M. C.)

<< Anterior   Seguinte >>