<< Anterior   Seguinte >>

30-Xullo-2008.

Cerdedo despede hoxe as suas festas do Ecce Homo. Haberá pasarrúas pola mañá, coa banda de música de Muimenta. Ás 12.30 comezará a misa cantada polo coro de Cerdedo, seguída de procisión. Ás 18.30 iniciará-se o concerto desta banda. Non faltará o acto matutino do Viño Galego e futebol de casados e solteiros, masculino e feminino, pola tarde.  (A Voz de Galicia)

30-Xullo-2008.

A asociación Amigos da Terra de Montes celebrará o vindeiro sábado, dia 2, a sua tradicional asamblea anual ordinaria, seguída por unha comida de confraternidade. O encontro será en Beariz.
A comida de irmandade iniciará-se, na carballeira de Barcia (Beariz), ás duas da tarde. Haberá homenaxes e imposición de insígnias a Xosé Raposeiras Correa e Odilo Rial.  (A Voz de Galicia)

25-Xullo-2008.

O concello de Forcarei ten abertas este ano, desde primeiros de mes, dúas oficinas de información turística, unha en Soutelo de Montes e a outra no mosteiro de Aciveiro. En ambolos dous casos, abren-se de unha a oito da tarde.
A de Acibeiro só pecha o luns, mentres a de Soutelo fai-no os mércores e xoves. O Concello conta con un técnico de Turismo que coordina todo o traballo. Estarán abertas até finais de setembro. na de Aciveiro oferecen-se visitas guiadas polo mosteiro. A oferta de recomendacións e rutas que se mostra ao visitante interesado inclue o rico abano de recursos naturais e arquitectónicos do município, ademais do própio edificio do mosteiro, os percorridos polos montes, rios ou pola Serra dó Candán, a aldea abandonada de Grobas, o castro de Loureiro e tamén polas festas locais.  (A Voz de Galicia)

26-Xullo-2008.

 

San Miguel de Presqueiras terá este ano unha nova festa gastronómica. A da Croca. Será o vindeiro dous de Agosto e coincidirá co festival folc churruchao, un certame que gana adeptos cada anao.  (A Voz de Galicia)

23-Xullo-2008.

 

Os días do 8 ó 10 de agosto terá lugar en Forcarei a primera reunión galega de aficionados á astronomía, chamado Astrogalicia 2008. Está organizada pola Asociación de Animación de Ourense, dedicada á divulgación científica, e varios colectivos de afecionados á astronomía como os de A Coruña, Barbanza, Santiago, Lugo y Pontevedra. A razón porque esta primeira reunión sexa convocada en Forcarei debese a que aquí será a sede dun observatorio astronómico que abrirá en pouco tempo.  (A Voz de Galicia)

23-Xullo-2008.

 

O vindeiro 23 de Agosto celebrarase en Soutelo unha nova edición do concurso de gaita. O vencedor terá un premio de 2.500 euros e o segundo de 1.000. Participarán hasta un máximo de 15 parellas de gaita e tambor.  (A Voz de Galicia)

 

15-Xullo-2008.

 

Hoxe faleceu na súa casa de Soutelo, a mesma na que naceu, Virxilio Vieitez, o máis importante retratista da nosa Terra. Tiña 77 anos e a cobertura dada polos medios de comunicación nacional o seu pasamento é a mellor medida da importancia que adquireu a súa obra nos derradeiros anos. O diario "El Mundo" dedica-lle unha páxina inteira con un extraordinario artigo e recolle nun álbum moitas das mellores imaxes publicadas. "El País" tamén percorre a súa vida nunha ámplia coluna. En Televisión Española mostraría un reportaxe con imaxes rodadas en vida e moitas das súas fotografías. Tamén nos diarios galegos se recolle a desgraciada nova aínda que, curiosamente, con menos detalle. Quizais, como pudemos comprobar na súa exposición en Madrid, o impacto é moito maior na xente da gran cidade, que nin coñece nin pode imaxinar estas imaxes da nosa terra, que para os que tivemos a sorte de vivi-la  de nenos. (M.C.T.)

 

 

17-Xullo-2008.

 

Os festexos patronais de A Madalena que se celebrarán do 20 ó 22 deste mes, terán esta edición a súa festa do mexilón, que se ofrecerá gratuitamente en diversas salsas ou ó vapor. Sí haberá que pagar, 3 euros, polo viño servido nunha taciña especial recordo da festividade. Ese día haberá distintos xogos para nenos, e pola noite, actuación dun grupo folk, Pai de Cana, e verbena. O día grande será o 22, con moitas gaitas e as orquestas Marbella e La Oca.  (A Voz de Galicia)

12-Xullo-2008.

 

510.000 Euros terá o Concello de Cerdedo para ampliar o edificio do concello. Esta cantidade seralle entregada en varios anos e está pendente o estudo de como se realizarán as obras.  (A Voz de Galicia)

11-Xullo-2008.

 

Forcarei contará o vindeiro curso escolar con unha "Galescola" para nenos entre tres meses e tres anos. Estará ubicada nas casas dos maestros e, fora do horario escolar, tamén poderá ser utilizada por nenos de maior edade.  (A Voz de Galicia)

08-Xullo-2008.

 

20.000 visitantes son os que se calcula que visitaron a aldea de Sabucedo neste pasado fin de semán. Uns 1.300 achegábanse ónte á rapa do luns, que pon remate á festa.  8A voz de Galicia)

01-Xullo-2008.

 

Comenza a Rapa das Bestas de Sabucedo, que este ano estrea o seu distintivo de festa de interese turístico internacional. Haberá tres sesións: a primeira o sábado ás 19.00 horas e a segunda o domingo ás 12.00. Habrá unha terceira, máis familiar, o luns ás 12.00, con entrada gratuita.
A Rapa abriráase o venres cofestival Sons da Rapa, na sua terceira edición. Actuarán A tuna rastafariNo reply e pechará O sonoro maxín, grupo integrado por los ex componentes de Lamatumbá.
A noite do sábado haberá verbena
, sesións de xogos populares e feira de artesanía.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>