<< Anterior   Seguinte >>

17-Xullo-2007.

Xesús Palmou, diputado autonómico de A Estrada, afirma que é a Xunta e non a diputación a que ten que financiar a estrada entre Cachafeiro e Vilapouca, e non a Diputación como afirma o delegado de Obras Públicas. Aínda que esta vía é de titularidade provincial, xa foi asumida pola Xunta nos dous tramos xa mellorados, entre Cachafeiro e Lalín.  (Faro de Vigo)

28-Xullo-2007.

O monumento ós "represaliados" polo franquismo, que levantou a asociación "Verbo Xido" na ponte do Barco (Pedre) está sofrindo destrozos cada certo tempo, desde hai un ano que foi inaugurada.  (Faro de Vigo)

 

09-Xullo-2007.

Remata a Rapa con un curro que  case se considera familiar. Moitos magullados pero ningún de gravedade, moita xente e unhrecen estreado título de "Festa de Interese internacional" que acercará axudas para a mellora das instalacións. Os asistentes superaron os 25.000 o longo dos dous primeiros días que durou a festa, os que haberá que sumar os de hoxe o que sumará máis dos 30.000 esperados pola organización.  (A Voz de Galicia)

16-Xullo-2007.

O éxito do Plan "Leader Montes" no sector privado fai que este se comprometa hasta os 8,4 millóns de euros de investimento, un millón máis dos inicialmente previstos para os municipios afectados. Entre as obras promovidas nos nosos concellos destacan o Museo da Musica Tradicional de Soutelo e o Observatorio Astronómico en Forcarei, Un albergue turístico en Beariz e o Museo da Pedra en Cerdedo.  (Faro de Vigo)

07-Xullo-2007.

Hoxe celébrouse a primeira "Rapa das Bestas" en Sabucedo, despois da inaugauración celebrada onte e de que esta mañán sairan os mozos ó monte para reunir os cabalos.  Ó fin, unhas 150 bestas, 20 aloitadores, 90 periodistas e uns 1500 espectadores no curro. Na festa había máis de quince mil persoas e o organismo "Turismo Rías Baixas" da Deputación de Pontevedra transmiteu o curro por internet para todo o mundo. (A Voz de Galicia)

0-Xullo-2007.

O restaurante "Milenium" de Soutelo e un bar de Silleda sufriron a noite pasada un asalto que acabou con un botín de uns 1.100 euros e bastantes danos materiais .  (A Voz de Galicia)

01-Xullo-2007.

O diario "A Voz de Galicia" modifica a súa política de presenza na rede, abandoando o envío dos seus titulares e reservando estes só para os abonados de pago. Este feito dificulta o acceso a todalas novas da nosa terra neste periodico. Afortunadamente, o Faro de Vigo, aínda que con unha cobertura algo inferior, ven mellorando a súa edición en internet e a presencia nela das novas da Terra de Montes.  (M. C.)

01-Xullo-2007.

36.700 Euros para a Gardería de Cerdedo e 1,6 millóns do Ministerio de Fomento para a mellora da N-541 ó paso por este mesmo concello. Entre as obras están pasos elevados en Ventoxo e alvelo, accesos peonales en Cerdedo e Pedre, etc.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>