<< Anterior   Seguinte >>

30-Xullo-2006.

Masgalán de Arriba (Forcarei) leva dúas semáns sin servicio de Teléfono. O problema e que o repetidor GSM que colocou a Telefónica conectouse sin permiso a unha toma eléctrica privada e foi sustituido por un xenerador que solo funciona algúns poucos.  (A Voz de GAlicia)

22-Xullo-2006.

A asociación "Amigos da Terra de Montes" celebrará a súa XIV reunión anual o vindeiro día 5 de Agosto en Cerdedo. Contará con diversos actos, entre eles unha mesa redonda sobre o tema "A medicina e a saúde na Terra de Montes".  (A Voz de Galicia)

28-Xullo-2006.

Hoxe comenzan en Cerdedo as festas na honra do Ecce Homp e a Virxe das dores. Haberá verbena con dúas orquestas, torneo de fútbol, humor, pasarúas, xogos populares, etc.   (A Voz de Galicia)

20-Xullo-2006.

Importante reunión en sabucedo coa presencia do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana para definir un proxecto global para a parroquia que sirva para a totalidade do ano, non só para os días do vran e da festa da Rapa. O proxecto, que conta co apoio da asociación "Rapa das Bestas" e tomará como base o xa levantado para este evento, busca novas ideas pero xa conta con algunhas, como un centro de interpretación o a potenciación do albergue para o seu uso en calquel estación do ano.  (A Voz de Galicia)

22-Xullo-2006.

A novas asociación "Vento noso" que xunta uns 6000 dannificados pola instalación dos xeneradores eólicos nos montes da provincia de Pontevedra, quere que un 10% dos beneficios desta actividade, estimados en 96 millóns de euros no ano 2005 só na . Actualmente chega ós propietarios do monte menos dun 1%.  (A Voz de Galicia)

 

15-Xullo-2006.

Unha exposición de pintura de Luis Iglesias, a festa da bicicleta (día 22), a festa da auga (día 24), manualidades, campionato de ping pong, fútbol  e o "Brañas folk" son algúns dos eventos para esta semán cultural de Cerdedo, que se celebra coincidindo coas festas do ECCE HOMO e a Virxe das Dores.  (A Voz de Galicia)

20-Xullo-2006.

1,2 millóns de euros é o orzamento máximo para o concurso que abreu a Xunta para a realización das obras de saneamento en Cerdedo, As obras ten un prazo de trinta meses para o seu remate.  (A Voz de Galicia)

 

15-Xullo-2006.

Forcarei é, con moito, o concello da comarca con mais hectáreas queimadas polos incendios nos derradeiros cinco anos (2.560). Siguelle Rodeiro con pouco mais da metade.  (A Voz de Galicia)

15-Xullo-2006.

O deputado autonómico Alejandro Gómez preguntará ó executivo galego no parlamento pola situación de algúns proxectos pendentes de realización na comarca. A mellora do instituto Chano Piñeiro, a privatización dos servicios no campamento de Pontemaril que no desexa o concello e a concesión a título póstumo da medalla de ouro da xunta ó Gaiteiro de Soutelo.  (A Voz de Galicia)

13-Xullo-2006.

O Alcalde de Cerdedo Xosé Balseiros e a conselleira de vivenda e solo da Xunta, Teresa Taboas asinaron o dumento que permite a construcción de un total de 36 vivendas sociais promovidas polo concello. Doce destas vivendas son casas unifamiliares previstas desde hai tempo. As outras serán dous edificios de novo deseño.  (A Voz de Galicia)

13-Xullo-2006.

O Concello de Forcarei sacou a concurso a segunda fase das obras do multiusos de Soutelo, onde se albergará a nova biblioteca, un audotorio, un museo e un local de audicións. O orzamento é de 196.000 euros. Un dos espacios será o futuro Museo da Música tradicional, que conta con unha dotación de 150.000 euros adicionais.  (A Voz de Galicia)

3-Xullo-2006.

A Rapa das Bestas acaba este ano con moito público e pocas incidencias reseñables. O curros cheos como sempre e a organización, cada vez mellor coa vista posta na consecución do título de Festa de interese turístico internacional. Hoxe rematan as festas coa marca dos cabalos e a solta. Aparte dos animais, tamén se puderon ver actuacións importantes dentro do mundo folk da bisbarra. Os Abrentes, As pandeireteiras de Barro de Arén e Tear de Llerena foron algúns dos grupos enxebres que se deron cita (A Voz de Galicia e Faro de Vigo)

5-Xullo-2006.

Vinte universitarios asisten a partir de mañán en Cerdedo a un curso sobre"O desenvolvemento rural hoxe" organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Cinco deles contan con unha beca completa, polo que residen nun hostal da vila hasta que o curso remate. Xosé Luis Barreiro é o responsable do centro en Galicia e con él participarán os alcaldes da zona e outros persoeros da cultura. (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>