<< Anterior   Seguinte >>

26-Xullo-2003.

As festas de Cerdedo víronse en parte deslucias pola choiva, máis na verbena da noite que nos actos programados para todo o día. Pintura, música e teatro encherán os tres días de festa.  (A Voz de Galicia)

 

28-Xullo-2003.

Onte remataron as festas de Cerdedo, por fin con bo tempo, e con expectación moi importante no Festival Folk. Foron grupos como "Regato de matamulleres", "Os Lerenses", "O Tear de Llerena", "Os Chichisos", "Cantareiras de Barro" e "Os Abrentes de Cerdedo", que rematou coa verbena e o fogo de luces.  (Faro de Vigo)

18-Xullo-2003.

Volve o ministerio de Fomento de España a estudiar o trazado do Ferrocarril de alta velocidade (AVE) por Cerdedo, unha saída que parecía esquecida. O tren xa está en obras entre Santiago e A Coruña.  (Faro de Vigo)

20-Xullo-2003.

Unha cadea de residencias de luxo interésase pola xestión da hospedería de Aciveiro, que está chea neste vrán. Valoran sobre todo o seu illamento e os paraxes naturais que a rodean. A pena será que de ser convertida en hospedería de luxo deixaría de ser asequible para a maior parte da nosa xente. Curiosamente, a xestora actual estima que a maior parte das súas reservas ven de Internet.  (A Voz de Galicia)

 

18-Xullo-2003.

Un xoven morreu na canteira da empresa Malvar en Ventoxo ó sufrir unha descarga electrica procedente dos cables de alta tensión sobre o camión que manexaba co remolque levantado. (A voz de Galicia)

18-Xullo-2003.

O presuposto do concello de Cerdedo para este exercicio será de 1,15 millóns de Euros, algo máis que o derradeiro ano. O Concello contará com máis de tres veces o investimento autonómico do ano pasado (A Voz de Galicia)

 

14-Xullo-2003.

Cerdedo organizará a vindeira semán variedade de actividades lúdicas e culturáis para os nenos e mozos. Serán obradoiros e proxeción de filmes como Amelie e Skrek. Tamén se celebrará a Festa da Bicicleta, que partirá de Quireza. (A Voz de Galicia)

16-Xullo-2003.

O vindeiro día 24 celébranse as festas patronais da Madalena, con xogos de mesa, campionatos deportivos e verbena pola noite. Os días 25, 26 e 27 serán as da Virxe de As Dores e o Ecce-Homo en Cerdedon con unha concentración de coches antigos, unha mostra fotográfica, outra de pintura e un festival de música Folk. (A voz de Galicia)

8-Xullo-2003.

As áreas de baño de Magros e Doade, en Beariz, foron calificadas como de "Optima calidade" polo programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño. Só seis das vinteseis da provincia de Ourense chegan a este calificativo.  (A Voz de Galicia)

8-Xullo-2003.

A rota cicloturística "Rapa das Bestas" conta xa con 105 inscritos, contra os sete do ano pasado por este tempo. Os participantes salirán do centro comarcal de Tabeirós e volverán a el despois de percorrer 65 kilómetros por Codeseda, Sabucedo, etc.  (A Voz de Galicia)

3-Xullo-2003.

Mañán arranca a Rapa das Bestas, a máis importante das festas do vran na Terra de Montes. Este ano serán perseguidas e acorraladas as manadas máis bravas, coa axuda dos veciños de Quireza e outros lugares da bisbarra. Son os cabalos que viven nos montes de Cuíña, A Planzadoira e San Isidro, que por ter pouco contacto co home, son máis salvaxes e levan seis anos sin cortar as súas crins.  (A Voz de Galicia)

7-Xullo-2003.

Remata a Rapa das Bestas en Sabucedo, unha das mellor organizadas e con máis asistentes, aínda que menos publicitada nos xornais. Só lamentar o accidente dun aloitador, que non pudo volver a participar nos curros, pero foi moi aplaudido a súa volta do hospital.Un dos canles de Televisión da Disney fixo unha reportaxe sobre a festa, mentras que seis publicacións alemanas e un diario británico tamén acudiron a cubrir o evento. Tamén as emisoras de Tv españolas emitirán desde Sabucedo, e os curros transmitiranse ó mundo através de internet.  (M.C.)

1-Xullo-2003.

Este fin de semán terá lugar a Rapa das Bestas e xa están a montarse os tenderetes para a festa. O tempo non acompaña e o Concello da Estrada aínda ten intención de reparar a carretera (con multitude de derrumbamentos polas choivas) antes de comence a chegada de visitantes. Este ano contase coas novidades do pregón (Sergio Pazos) e da marcaxe do gando con Nitrógeno líquido en vez de co ferro quente de toda a vida. (Faro de Vigo)

2-Xullo-2003.

O Concello de Cerdedo espera construir alomenos vinte vivendas sociais, tal e como se fixo en Soutelo. Para esto vai facer un estudo da posible demanda e solicitar as axudas á Xunta de Galicia. Mentras tanto ábrese en Forcarei a chamada "Calle J", pendente desde hai máis de dez anos por falta de acordos cos afectados. (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>