<< Anterior   Seguinte >>

9-Xullo-2002.

Perto de 20.000 persoas achegáronse a Sabucedo entre os catro días que durou a rapa. Hasta o Lúns, que sempre é un día familiar, o curro encheuse para ver as derradeiras loitas coas bestas, e a súa volta a libertade.  (Faro de Vigo)

15-Xullo-2002.

Beriz xa ten funcionando a súa "Base aérea" en Doade, para dar servicio ós avións do servicio de incendios. Ten un encoro de 200.000 litros de capacidade, pista de 1000 metros e será asfaltada no vindeiro ano.  (A Voz de Galicia)

9-Xullo-2002.

O lobo atacou en varias aldeas o gando no concello de Cerdeo, concretamente en Meilide e Figueroa. En ambolos dous casos o animal morto foi unha ovella, pero o medo refírese máis á posibilidade de que sexa atacado una neno ou outra persoa nunha bisbarra na que fai moitos anos na que non se vía este animal.  (Faro de Vigo)

11-Xullo-2002.

Forcarei acollerá unha exposición en beneficio de Guatemala. Consta de acuarelas e debuxos de Miguél Angel Pérez e ten a súa importancia por incluir á nosa terra dentro da solidaridade internacional, como xa se comprobou o derradeiro ano coa "feira do comercio xusto" en Soutelo.  (A Voz de Galicia)

8-Xullo-2002.

Trinta cazadores da Sociedade de Caza e Pesca de Forcarei deron unha batida contra o xavarín nos montes de Pardesoa. O resultado é que ningún animal foi abatido, polo que estas batidas deberán seguir si se quere que os cultivos sexan respetados.  A Voz de Galicia)

 

9-Xullo-2002.

O Concello de A Estrada quere contar cos fondos do plan "Leader Plus Montes" para o acondicionamento integral da parroquia de Sabucedo para as vindeiras rapas. Pénsase colocar servicios na Carballeira do medio, onde se acampa, ampliar o curro, restaurar muiños e potenciar rutas que permitan á xente acudir a esta parroquia ó longo de todo o ano.  Preténdese que a festa sexa considerada como de "Interese turístico Internacional", e non só nacional como hasta estes intres  (Faro de Vigo)

5-Xullo-2002.

Programa de festas para a rapa deste ano:

- Día 5: Presentación á prensa (70 periodistas acreditados), verbena e ó fin, acampada no Campo do medio.
- Dia 6: Ás 6:30, misa a San Lourenzo, antes de sair para xuntar ós cabalos. Entre as 12:30 e as 13 horas xuntaranse estes no Monte do Peón para despois traelos ó curro e empezar a rapa entre as seis e as sete da tarde. Pola noite, verbena con orquestas.
Día 7: Nova rapa a partir das doce da mañán. Pola tarde folklore e verbena.
Día 8: Lúns, a derradeira das rapas, onde se marcarán os cabalos do santo e se contrarán as crins os que se escaparan das dúas anteriores. Pola tarde os cabalos voltarán ó monte.

A entrada ó curro por cada rapa costará seis euros (mil pesetas) e espéranse perto de dez mil asistentes nos tres días.  (A Voz de Galicia)

7-Xullo-2002.

Unhas 7000 persoas achegaronse onte a Sabucedo no primeiro día de festa grande, enchendo a reventar os arredores desta aldea con tendas de acampada, postos de venta, etc., etc. A presenza de moitas autoridades prometendo numerosos investimentos reafirma a importancia dunha festa que, hai que recordar que se celebra nunha parroquia de 50 veciños e con moi poucas axudas, malia a importancia mediatica que se lle está a dar.  (M.C.)

 

3-Xullo-2002.

O Concello de Forcarei vai urbanizar e recalificar como rúa urbán o vial entre a actual estrada Silleda-Folgoso e a vila de Forcarei. Para eso terá que chegar a acordos cos veciños ou expropiar algúns terreos.  (Faro de Vigo)

4-Xullo-2002.

Está prevista unha esposición de acuarelas sobre paisaxes da Terra de Montes para a vindeira "Festa do Gaiteiro". Será itinerante entre Forcarei, Aciveiro e Soutelo, e rematará o día da festa na própia praza do gaiteiro, onde se poderán mercar as obras. Este ano espérase publicitar como nunca este evento e incluso os actos será, transmitidos a unhas pantallas xigantes na praza e no parque de Venezuela.

 

1-Xullo-2002.

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia ten pensado repoboar máis de 290 hectareas de montes en man común de Forcarei e Cerdedo, con castiñeiros, carballos e pinos.  (Faro de Vigo)

2-Xullo-2002.

O Curro de Sabucedo para a festa da "Rapa das bestas" será ampliado en 500 localidades, hasta un total de 1700 e o albergue xa estará en funcionamento e totalmente ocupado nas súas 28 prazas disponibles. Por outra banda, espéranse para este fin de semán na parroquia estradense a persoeiros como o ex-ministro de xustiza Fernando Ledesma e periodistas de medio mundo, entre eles reporteiros de National Geografic.  (Faro de Vigo)

 

<< Anterior   Seguinte >>

 

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es