Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas
 

<< Anterior   Seguinte >>

20-Xullo-2001.

A Xunta aprova un investimento de 514 millóns de pesetas para a mellora da estrada PO-200 entre Cachafeiro e Aciveiro, que rematará de xungir Montes coas terras de Deza. Contará con sete metros de ancho e carriles de lentos nas costas. Tamén se mellorarán as estradas entre Soutelo e Pardesoa e a que vai desde as Casetas hasta Quintillán, Meavía e Vinseiro.  (A Voz de Galicia)

 

10-Xullo-2001.

A Rapa deste ano celebrouse entre a brétema que dificultou a recollida das bestas no monte do Pego. A pesar desto foi un verdadeiro éxito mesturando dun xeito excepcional a tradición coa música, a natureza, os chiringuitos, a comida no campo e hasta o alcohol.

10-Xullo-2001.

A páxina web "www.aestrada.com" mostra dende fai días tres videos da rapa.

3-Xullo-2001.

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Zobra (Lalín) pensa investir parte dos cartos do alquiler dos terreos para o parque eólico de Ameixeiras-Testeiro (uns 15 millóns ó ano) en manter aberta unha oficina de servicios os veciños, que se encargue de solicitar axudas e resolver papeleos. Entre outras cousas pretende xestionar o diñeiro asinado a Rede Natura 2000 pola Comunidade Europea. Esta comunidade, unha das máis activas, manten litixios cos veciños de Trasdomonte (Forcarei) sobre os lindes entre os dous concellos.  (A Voz de Galicia)

3-Xullo-2001.

A nova variante feita en Sabucedo estará rematada para as festas deste ano. A empresa Taboada e Ramos traballou a rodo para cumplir o compromiso, pero parece que o vai conseguir.  (A Voz de Galicia)

2-Xullo-2001.

O Diario A Voz de Galicia dedica un eloxioso artigo a estas páxinas. (M.C.) 

2-Xullo-2001.

Cerdedo organiza un campamento para dar a coñecer a súa riqueza paisaxística. Serán 46 plazas para nenos entre oito e catorce anos, con un importante programa lúdico e cultural. Mentras tanto, en Pontemaril (Forcarei) serán 140 as prazas ofertadaseste ano (A Voz de Galicia)

2-Xullo-2001.

Este ano, nas festas do Ecce Homo de Cerdedo actuará o Grupo Tequila, famoso nos anos setenta cando estaba liderado por Ariel Roth. Hoxe, daqueles compoñentes só queda un deles.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>