Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

15-Xullo-2000.

O alcalde de Forcarei David Raposeiras entrevistouse co conselleiro de Sanidade Hernández Cochón por mor do convenio sobre a limpeza dos dous centros de saúde do concello, pos cales a xunta aporta unha cantidade moi inferior o gasto real. Aporveitando esta visita, tratou de acelerar a posta en marcha do P.A.C. (Punto de atención continua) da Terra de Montes, vital para unha atención sanitaria de calidade na nosa terra.  (A Voz de Galicia)

15-Xullo-2000.

O ministerio de Fomento está estudiando a construcción dunha variante da estrada N-541 en Cerdedo. O alcalde Jorge Caramés acercouse hasta Madrid para ver como se desenrolaban estes estudos, e para asegurarse de que se traballa no trazado norte, que rodea a vila po la parte máis alta, partindo dende Cernados e volvendo a vella cerca da gasolinera. (A Voz de Galicia)

 

15-Xullo-2000.

Andan as cousas revoltas co asunto dos parques eólicos de Gamesa. O concello de Lalín xúntase o de Forcarei e a outros máis na oposición á súa construcción. Sintese unha certa ledicia de ver os veciños, vellos na súa maioría, xuntarse unha e outra vez, dispostos a renunciar os cartos si enterran os fíos ou , mellor aínda, si non se fan os parques. Como pasou nos derradeiros anos cos eucaliptos, parece que os problemas ecolóxicos xunguen a xente máis que ningún outro e hoxe non é extrano ver vellos plantando carballos e castiñeiros naquelo que foron as súas leiras e que se van quedando a monte. Quezais deixe de ser verdade o de que somos unha terra de xente moi "sociable" pero pouco "asociable". (M.C.)

Parque eólico do Seixo-Serra do Cando.  (Foto: Manuel Cerdeira)

5-Xullo-2000.

O casco vello de Soutelo (A Aldea de Arriba) vai ser rehabilitado co a axuda de fondos europeos e da Xunta de Galicia. Esta parte do pobo, unhas oitenta casas, moitas delas valeiras ou ocupadas por xente maior, forman un conxunto de arquitectura rural do fin do seculo pasado e primeiros deste que se topa en non moi bo estado. O plan xa foi mandado po lo concello a dirección xeral de desenvolvemento rural e está a espera de conquerir todo a financiación que é imprescindible.  (A voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>