<< Anterior   Seguinte >>

3-Xaneiro-2008.

 

Unións Agrarias convoca para o día 19 deste mes, unha movilización en Forcarei en contra do cobro dos atrasos polo IBI ós propietarios afectados pola actualización do valor catastral das súas vivendas.

O sindicato ten previsto celebrar pola mañán unha manifestación polas calles máis céntricas que terminará cunha concentración fronte ó Concello. . (A Voz de Galicia)

20-Xaneiro-2008.

Tonhito de Poi será o pregoeiro da VIII edición da Festa da Vincha de Cerdedo, que se celebrará no pavillón desta localidade o vindeiro tres de febreiro. A festa arrancará ás 12.00 horas coa degustación e venda de vinchas e outros doces típicos do entroido local. O prezo da degustación popular será de sete euros. A vincha tradicional (en vexiga de porco) venderase a 13 euros o kilo, mentras que a de forno, as tartas, etc. serán a 11. A festa completarase con mostras de oficios en vivo. A animación musical correrá por conta de Os Abrentes de Cerdedo, O son da terra de Soutelo e Os Chichisos de Pontevedra.. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>