<< Anterior   Seguinte >>

21-Xaneiro-2007.

O alcalde de Cerdedo, Xosé Balseiros, anda en negociacións cunha empresa vasca para a súa implantación no novo polígono que se quere levantar en Folgoso, perto do actual de Vilapouca (Forcarei). Esta empresa, interesada en 400.000 metros cadrados nesta terra pola súa proximidade a Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, etc. Esta firma podería ocupar perto de 400 traballadores. (A Voz de Galicia)

18-Xaneiro-2007.

Xosé Luis Ferreiroa Sanchez, fillo de emigrantes a Venezuela, será o novo candidato do PSOE ás eleccións municipais do vindeiro mes de Maio. Non estará na lista a última candidata, Mari Carmen Fortes, despois das súas desavenencias cos dirixentes do partido.  (A Voz de Galicia)

19-Xaneiro-2007.

Confortlastic, a empresa que ocupará na súa totalidade o polígono do Sangal (Cerdedo) está a punto de rematar as obras de construcción da nave comenzará a producción no vindeiro mes de marzo con 80 operarios, dos que 50 serán do concello. Máis tarde sobrepasará os 100 traballadores.  (A Voz de Galicia)

18-Xaneiro-2007.

O Concello de Forcarei quere que a Federación de Montañismo homologue as rutas das pontes do Lérez e máis a de Candán. Para eso pensa formar un grupo de guías locais, remozar a señalización para o cumplimento da normativa vixente e outras actuacións. Para esto quere contar coa axuda da consellería de Medio Ambiente.  (A Voz de Galicia)

18-Xaneiro-2007.

Con 35.000 euros, concedidos pola consellería de Medio Rural, contará o Concello de Forcarei para o desbrozamento de lugares con especial perigo de incendio. Trátase de evitar o desastre do pasado vran, que foi un dos máis malos da historia.  (A Voz de galicia)

14-Xaneiro-2007.

Este ano, a comisión de festas da Virxe das dores empeza a traballar cedo e xa ten organizado rifas (un porco polo San Martiño), venta de lotería polo nadal e reises e outras actividades que permitan organizar as festas con presuposto e tempo suficientes. (A Voz de Galicia)

14-Xaneiro-2007.

O Concello de Cerdedo acaba de recibir unha subvención de 30.000 euros para mellorar a guardería. Esta leva funcionando dous anos e atende a unha media de quince nenos cada día. Tamén queren mellorar o parque infantil que está situado á súa veira. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>