<< Anterior   Seguinte >>

27-Xaneiro-2006.

A estrada N-541 non será polo momento de alta capacidade. Así llo contestou a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte ó parlamentario do grupo Popular Alejandro Gómez. Esta estrada é a columna vertebral dass comuinicacións da Terra de Montes co resto de Galicia.  (A Voz de Galicia)

26-Xaneiro-2006.

O alcalde de Forcarei quere entrevistarse co conselleiro de Medio Ambiente co fin de recadar fondos para mellorar a depuradora de Cachafeiro e outros traballos no medio rural. Tamén condicionou a reparacion das aceras de Soutelo ó remate das obras na traida de augas que se están facendo na vila e ás que aínda lle quedan algúns enganches con vivendas que volverían a levantar as aceras.  (A voz de Galicia)

27-Xaneiro-2006.

Soutelo acolle a audición do CD recopilatorio dos Gaiteiros de Soutelo editado polo selo ouvirnos. será no pub "O Gaiteiro feiticeiro" e contará con coloquios, actuación de grupos enxebres da terra, etc. A sesión musical está organizada pola asociación "Verrbo Xido".  (A Voz de Galicia)

 

25-Xaneiro-2006.

Según o padrón municipal con datos do primeiro deste ano, só seis rapaces naceron no pasado ano no concello de Cerdedo e 19 no de Forcarei, onde o ano anterior chegárase hasta os 37. En Cerdedo só hai tres novas parexas e o colexio reza para non ter que pechar algunha das súas unidades. A entidade de poboación máis grande da Terra de Montes é Soutelo, con 455 veciños. Forcarei ten 407 e Cerdedo 430.  (A Voz de Galicia)

26-Xaneiro-2006.

O comedor do colexio público e do instituto Chano Piñeiro de Forcarei levan días servindo bocadillos e empanada na comida ós nenos porque a cociñeira está de baixa por enfermedade. A lentitude no reemplazamento leva camiño de que se cure antes a enferma de que a Xunta mande otra persoa para o seu lugar.  (A Voz de Galicia)

13-Xaneiro-2006.

O Mosteiro de Aciveiro será a sede da presentación do docudrama "Amelia de Terra de Montes" do naturalista Federico de la Peña, con un personaxe interpretado por unha veciña de Aciveiro (Clavelina Cachafeiro) que serve de base para profundizar nos valores paisaxísticos e naturais da terra, nunha mestura de realidade e ficción. Tamén se mostrará a reedición do libro "El monasterio de Aciveiro" de Antonio Rodríguez Fraiz, que recolle a historia deste templo desde a súa creación no século XII e a súa influencia no desenrolo da bisbarra.  (A Voz de Galicia)

21-Xaneiro-2006.

A Asociación Rapa das Bestas acaba de entregar un dosier de máis de 150 follas á Xunta de Galicia solicitando a declaración da festa como de interese turístico internacional. Acompáñase de audiovisuales que foron mostrados en varios paises e publicados por revistas tan prestixiosas como National Geographic.  (A Voz de Galicia)

 

1-Xaneiro-2006.

Trinta mil visitantes únicos marca o contador deste sitio web para a súa páxina principal. Esto supón unha certa aceleración das visitas nos últimos meses, aínda que cada vez diríxense a contidos máis determinados, resultado dereito da busca nos motores de internet. (M.C.)

13-Xaneiro-2006.

Xestur parece moi interesado enapoiar a iniciativa do novo polígono industrial a levantar entre Cerdedo e Soutelo, para o cal xa se ten comprometido na súa financiación a Diputación de Pontevedra. A superficie da primeira fase sería duns 750.000 metros cadrados entre o cruce coa estrada que vai caria Lalín e os lindes co concello de Forcarei.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>