<< Anterior   Seguinte >>

31-Xaneiro-2005.

A escritora María Xesús Nogueira será a pregoeira da V festa da Vincha de Cerdedo que se celebrará o vindeiro día cinco nesta vila, organizada pola asociación de mulleres "Espadela" coa axuda do concello, que aporta 6.000 euros e da asociación ecoloxista "Verbo Xido". Como todolos anos haberá actuacións de música tradiconal, actividades culturáis, concurso e mercado de productos da terra así como exposicións de artesanía e, neste caso hasta un poblado galego tradicional

 

28-Xaneiro-2005.

Cerdedo terá este ano un presuposto de 1,5 millóns de euros, similar ó do ano pasado. Para a oposición, demasiados gastos de persoal e dedicación exclusiva do alcalde, para o partido no governo, os mellores orzamentos que se poden facer.  (A Voz de Galicia)

28-Xaneiro-2005.

Fernando Rivas, presidente da asociación de comerciantes de Forcarei quere que algún dos socios tome o relevo e poida el deixar a presidencia. Os seus compañeiros na xunta están dispostos a seguir traballando pero ninguén quere a máxima responsabilidade.  (A Voz de Galicia)

27-Xaneiro-2005.

O mal tempo tivo a piques da maorte a un comioneiro leones no lugar de A Ermida (Beariz) cando o seu vehiculo baixou por un terraplén de sete metros e o conductor quedou atrapado na cabina. Aínda que as súas feridas non eram importantes, as baixas temperaturas provocaronlle unha hipotermia xa que se tardaron hasta tres horas en rescatalo dentre os ferros do camión

 

27-Xaneiro-2005.

O Concello de Forcarei non quere subir o recibo pola recollida do lixo pero afirma que non terá máis remedio se os veciños non colaboran cunha recollida máis selectiva. O Concello só recolleita a metade do que gasta neste concepto e o deficit chega ós 85.000 euros cada ano. Tamén se quere mercar un camión con máis capacidade para aforrar en viaxes e en reparacións, que o actual xa está moi acabado.  (A Voz de Galicia)

26-Xaneiro-2005.

Dúas veces máis mortes que nacementos (51 a 26). Esta é o record do concello de Forcarei no ano 2004. Nembargantes este é un bo dato. Hai que ter en conta que algún ano foron só unha ducia de nacementos por máis de setenta pasamentos. 4.590 son os veciños neste momento, poucos comparados cos 9.414 dos anos sesenta, hai solo corenta anos. (A Voz de Galicia)

26-Xaneiro-2005.

O Circiuto de Karting de A Madanela ten as súas obras paradas desde hai casi un ano cando houbo que modificar o proxecto para que pudese ser homologado pola federación deste deporte. O alcalde espera reanudar en breve os traballos co fin de rematar antes do vrán.  (A Voz de Galicia)

 

26-Xaneiro-2005.

O Concello de Forcarei trata de que a Xunta de Galicia colabore con unha maior cantidade no mantenemento dos dous Centros de saúde do concello. A aportación da consellería de sanidade non chega nin para pagar a metade do consumo de calefación de cada ano e os edificios están a piques de ter que ser remozados de xeito importante. Os dous centros son dos poucos que quedan sin estar conectados a rede informática do SERGAS, polo que dificilmente poden solicitar citas de especialistas dereitamente nin dispor de historias clinicas completas. Hai que ter en conta que aínda que non hai moita poboación, esta é moi vella e está moi dispersa.  (A Voz de Galicia)

26-Xaneiro-2005.

Na  primaveira que se acerca xa estrá rematada a nova praza do convento de Aciveiro. Desaparece o palco da musica, baixa o nivel por debaixo da entrada ó recinto e existirán hasta tres niveles no chan, de tal maneira que se poida contemplar adecuadamente o edificio. Será unha praza verde e rural, adecuada para as procesións e co cruceiro no mismo sitio que está nestes intres. O cemiterio parroquial seguramente dará paso a unha senda que permita visitar o abside pola súa parte traseira.  (A Voz de Galicia)

 

21-Xaneiro-2005.

Dúas veces xa foron denunciados os destrozos causados polo gando ceibe nas parroquias de Presqueiras. Os animáis son dun gandeiro de A Lama pero non se quere facer cargo dos danos causados.

 

24-Xaneiro-2005.

A Diuputación de Pontevedra respaldou ó Concello de Forcarei no conflicto que mantén co de Cerdedo polos lindes entrambos concellos. O actual linde data de 1942 pero os forcareicenses afirman que se fixo coa presenza só dos veciños de Cerdedo, mentras que o anterior, do ano 1890 está perfectamente marcado e conservanse todolos puntos fixados. A pregunta é ¿Quen fixo os deslindes de 1942 que tran de cabeza a todolos concellos.  (A Voz de Galicia)

21-Xaneiro-2005.

O vertedeiro pechado no monte de Deán, en Cerdedo pasará a ser un mirador con zona recreativa, mesas, sillas de pedra e parrillas para que os cerdedenses poidan disfrutar no que foi o lugar de recollida do lixo.  (A Voz de Galicia)

21-Xaneiro-2005.

O Concello de Forcarei ten pensado abrir un rexistro de reservas para aquelas empresas que desexen implantarse nalgún dos polígonos industriais. Cinco son xa as interesadas por si se leva a remate a ampliación deste chan industrial previsto nos orzamentos do concello.

 

19-Xaneiro-2005.

A  Asociación ecoloxista da Terra de Montes "Verbo Xido" ten mandado cartas a varios persoeiros emparellados co tema do AVE e o seu paso  polos concellos da comarca para rexeitar este paso e explicar que este tren non melloraría a vertebración interna da bisbarra nin de Galicia. Aparte desto, afectaría de xeito importante a dous espacios protexidos pola rede Natura 2000 como son a Serra do Cando e as veiras do Lérez.  (A Voz de Galicia)

20-Xaneiro-2005.

Cerdedo consigueu unha nova aportación de 360.000 euros da Xunta de Galicia para unha fase máis do que se quere que sexa unha residencia para as persoas maiores. Queda aínda moito que facer pero pénsase contar con quince habitacións nos 360 metros cadrados dos que consta o edificio que se está a remozar.  (A Voz de Galicia)

 

17-Xaneiro-2005.

Veciños de Cuíña, na parroquia de Quireza, reclaman ó novo alcalde de Cerdedo a construcción dun centro cultural para reunións, cursos, festas, etc. O alcalde di que non existe ningunha casa que poida ser dedicada a este destiño, pero que tratará de levantala coa axuda das institucións provinciais.  (A Voz de Galicia)

18-Xaneiro-2005.

Forcarei gasta cada ano 172.000 euros na recollida do lixo, e cobra a metade aproximadamente ós veciños, polo que o deficit chega ós 85.000 euros. As solucións pasan por unha recollida selectiva que baixe a factura ou pola subida das tasas. Tamén se pensa mercar outro camión de máis capacidade, que afoore viaxes e reparacións.  (A Voz de Galicia)

17-Xaneiro-2005.

Estase actualizando o catastro no concello de Forcarei e lévanse contados máis de 140 novas construccións e outras 560 modificacións de edificios desde a revisión levada a cabo na pasada década. O Concello quere actualizar o IBI xa neste mismo ano.  (A Voz de Galicia)

17-Xaneiro-2005.

Hasta un 15% terá que disminuir os investimentos o Concello de Forcarei. A baixada importante na poboación obriga a deixar algúns plans para outra ocasión. Haberá, de calquer maneira, cartos para a compra de chan industrial nos polígonos de Cachafeiro e Vilapouca que están ás veiras da súa capacidade.  (A Voz de Galicia)

17-Xaneiro-2005.

A empresa Taboada e Ramos comenzará a vindeira semán as obras da canteira da Murada, na parroquia de Castrelo (Forcarei) para a súa conversión no novo vertedeiro de inertes (escombros da construcción.  (A Voz de Galicia)

 

17-Xaneiro-2005.

En Dúas Igrexas (Forcarei) acábase de solicitar unha axuda do Plan Leader Montes para a rehabilitación de vivendas con obxecto de dedicalas ós nosos maiores en reximen de comunidade. Así poderían seguir vivindo no perto do seu ambinte e estarían atendidos por unha xente competente.  (A Voz de Galicia)

 

17-Xaneiro-2005.

Abre as súas portas a nova gardería infantil de Cerdedo. Contan con entre oito e dez nenos cada día dos 33 que ten o concello con menos de tres anos. O horario será de oito da mañán a oito da noite e os nenos estarán o tempo que seus páis o desexen.  (A Voz de Galicia)

17-Xaneiro-2005.

Por terceira vez, o Concello de Forcarei solicitará o aporveitamento dun parque eólico municipal na parroquia de Aciveiro. Serían dous xeneradores cunha potencia total de tres megavatios.  (A Voz de Galicia)

 

17-Xaneiro-2005.

O vindeiro día cinco de Febreiro celebrarase en Cerdedo a "Quinta festa da vincha" organizada pola asociación de mulleres "Espadela". O Xurado para o concurso xa está nomeado e conta con cargos políticos e varias cociñeiras de profesión.  (A Voz de Galicia)

17-Xaneiro-2005.

Morreu en Forcarei Francisco Filgueiras Gulías, Alcalde deste concello desde o ano 1949 hasta o 1974. Artífice da mellora da vila de Forcarei, que pasou de ser unha pequena aldea a un pobo con importante actividade, non foi tan apreciado noutras aldeas máis pequenas polo abandono na que as deixou.  (M.C.T.)

10-Xaneiro-2005.

Este mes rematarán as obras no casco vello de Cerdedo e no edificio da Cámara Agraria por parte dos alumnos da escola taller deste concello. Tamén os alumnos da rama forestal rematarán o deseño da senda do Pai Sarmiento.  (A Voz de Galicia)

10-Xaneiro-2005.

Unha empresa dedicada á fabricación de armarios empotrados vai instalarse no polígono de Vilapouca, e terán un desconto de hasta un 60% na tasa de construcción por parte do concello sempre e cando acrediten a creación de a lo menos quince postos de traballo.  (A Voz de Galicia)

3-Xaneiro-2005.

Xosé Luis Jorge Caramés deixou de ser alcalde de Cerdedo e o seu cargo foi ocupado polo seu xenro Xosé Balseiros. Caramés foi alcalde predemocrático (que nón antidemocratico) desde xullo de 1974 hasta as primeiras eleccións e desde aquel tempo resultou elexido por maioría cada vez que se presentou. Mailuz Castro Gil, do PP, ocupará a praza que queda libre. Tamén no BNG de Cerdedo hai relevo xa que Roberto Blanco sustituirá a Isidro Peleteiro, polo que os dous elexidos nas derradeiras eleccións xa ten dimitido e foron sustituidos polos que ocuparos os postos cinco e seis na lista.  (A Voz de Galicia)

3-Xaneiro-2005.

Entre as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes ten perdido no último ano máis de dous veciños cada día. Non sendo Lalín que aumenta hasta 50 veciños, todolos demáis concellos perden poboación, incluido A Estrada e Silleda. Os concellos máis pequenos son os que máis perden (A Golada 197). É certo que os censos estaban un pouco "hinchados" en moitos concellos pero esta perda non deixa de ser desastrosa para o noso desenrolo. (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>