<< Anterior   Seguinte >>

9-Xaneiro-2004.

O Xurado Provincial de Montes desestimou unha vez máis o derradeiro recurso dos veciños de Zobra a respecto da disputa sobre 310 hectareas que pertenecen na actualidade á parroquia da Madanela. Para este recurso, o xurado considera que non son suficientes coas declaración xuradas dos interesados sobre o uso que lle daban ó monte e deixa como única opción ós de Zobra a de seguir recurrindo xa pola vía Xudicial. Debe terse en conta que de ser estimado o recurso habería que cambiar os lindes dos concellos de Forcarei e Lalín, o que parece pouco probable. (A Voz de Galicia)

9-Xaneiro-2004.

A ampliación da hospedería de Aciveiro obriga a sacar a concurso de novo a súa explotación. Varias empresas mostraron xa o seu interese aínda que non hai ofertas en firme. Este nadal, o aloxamento integrado na cadea francesa de luxo Relais du Silence estivo perto do 80% de ocupación. (A Voz de Galicia)

 

8-Xaneiro-2004.

Os veciños de Forcarei seguen sin ver rematadas as obras da estrada que sai da vila caria Soutelo. Estas obras comenzaron no vran pero paráronse por mor duns postes de teléfono sin cambiar e así siguen aínda.  (A Voz de Galicia)

8-Xaneiro-2004.

Cerdedo non mandará o lixo a SOGAMA hasta que o vertedeiro sexa pechado definitivamente. A previsión era comenzar o pasado un de xaneiro pero o alto custo fai que o concello trate de aforrar o máis posible. (A Voz de Galicia)

7-Xaneiro-2004.

A Asociación cultural "Espadela" quere editar un libro cos villancicos recollidos polo concello de Cerdedo

 

8-Xaneiro-2004.

Os comerciantes de Forcarei buscan ós gañadores dos premios sorteados o pasado nadal. Nin o aparato de televisión nin o DVD ten aínda ningún dono. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>