<< Anterior   Seguinte >>


29-Xaneiro-2002.

Os comuneiros de Zobra (Lalín) están enfrontados por mor dos dereitos de participación na comunidade. Persoas achegadas a Zobra pero non residentes na parroquia queren participar mentras outros pensan que non ten dereitos. A rozón e moi sinxela: ter unha parte nos cartos que se reparten do parque eólico de Ameixeiras-Testeiro.  (A Voz de Galicia)

29-Xaneiro-2002.

A Asociación cultural "Verbo Xido" quere concienciar á xente da cantidade de lixo que se vai xuntando na serra do Xeixo por mor dos que se acercan alí a ver o parque eólico. O ter abertos camiños novos a un lugar con vistas extraordinarias a toda a bisbarra, os visitantes son cada vez máis. Verbo Xido prepara unha comida de hirmandade e unha xornada de limpeza da zona.  (A Voz de Galicia).

 

28-Xaneiro-2002.

O Colectivo "Amigos da Terra de Montes defende a creación dunha "subcomarca" da actual Tabeirós-Terra de Montes, que comprenda Forcarei e Cerdedo, e teña o seu centro comarcal en Soutelo. O presidente desta asociación, Xaime Iglesias, pensa que o centro sito en Toedo, no concello de A Estrada que tan lonxe de Montes que non é operativo.  (A Voz de Galicia)

28-Xaneiro-2002.

Comenzaron as obras no novo polígono industrial de Cerdedo. A dotación procedente dos presupostos do ano pasado é de 108.182 Euros, máis unha cantidade similar que chegará dos deste ano. O polígono debe chagar ós 25.000 metros cadrados de superficie.  (A Voz de Galicia)

 

17-Xaneiro-2002.

O B.N.G. de Cerdedo pide que queden desafectados, e poidan ser polo tanto usados para o común, os terreos do que foi a  estrada N-541, que levan máis de 25 anos sin usar e siguen a ser propiedade do Ministerio de Fomento,  o que dificulta calquer obra que queiran levar a cabo os veciños.  (A Voz de Galicia)

21-Xaneiro-2002.

O Concello de Forcarei rexistrou só 18 nacementos ó longo do ano 2001 contra os 24 do ano anterior. Os finamentos foron 28, pero a realidade é que moitos dos nosos vellos morren fora, onde os seus fillos. O concello pasa de 9244 habitantes no ano 1950 ós 4850 de hoxe. (A Voz de Galicia)

 

16-Xaneiro-2002.

Os veciños de Cobas  (Forcarei) acaban de pedir á consellería de Agricultura da Xunta que se realice a concentración parcelaria na súa zona. Esta iniciativa é moi pouco común na nosa terra xa que os veciños ten moitas reticencias a abandoar as súas leiras, o que abondou sempre no atraso da bisbarra.  (A Voz de Galicia)

14-Xaneiro-2002.

O Plan "Leader Plús" de Montes tamén inclúe ó Concello de Beariz, aínda que oficialmente non perteneza á comarca. O seu alcalde ten idéa de levantar un camping, aporveitamento de biomasa (restos da agricultara e gandería) e a comercialización de productos da terra.  (A Voz de Galicia)

11-Xaneiro-2002.

A nova depuradora de Beariz costará perto de 800.000 euros, e será, xunto coa residencia xeriatrica, unha das obras máis importantes do concello para o presente ano. Permitirá retirar os pozos negros das casas que xeneran un importante perigo de contaminación.  (A Voz de Galicia)

11-Xaneiro-2002.

Tanto o concello de Forcarei coma o de Lalín perderán a súa categoría dentro das división que nestres intres existen entre os municipios. Esto supón perdas nos ingresos e noutros privilexios, polo que os dous tratan de "estirar" o censo o máis posible para chegar hasta os 5000 h. no caso de Forcarei e ós 20.000 no caso de Lalín.  (Faro de Vigo)

11-Xaneiro-2002.

Comenzan a funcionar, as instalacións do parque eólico de Ameixeiras-Testeiro. Son 75 aeroxeneradores de 660 Kw. cada un, e un investimento de 42,07 millóns de Euros. Dará servicio a uns 15.000 habitantes e suporá un aforro de 35.000 toneladas de petroleo e moita contaminación. Por contra, a paisaxe do testeiro queda arruinada con estes "muiños" de 55 metros de alto.  (A Voz de Galicia).

11-Xaneiro-2002.

A Asociación "Verbo Xido" está a levar unha importante laboura de concienciación cidadán acerca da ecoloxía e medio ambiente. Nesta ocasión critica a proximidade do novo parque eólico de Touriñán a moitas aldeas de A Estada e Cerdedo. Tamén suliñan que non se ten levado a remate ningún estudo sobre o impacto cultural e paisaxístico nunha bisbarra chea de restos arqueolóxicos catalogados como Bens de interese Cultural.  (A Voz de Galicia)

8-Xaneiro-2002.

A Empresa adxudicataria do albergue de Sabucedo pagará 90,1 Euros cada mes con unha suba de 30 cada ana, hasta oito. O Albergue estará aberto todo o ano, salvo as festas máis importantes do nadal e limitará as estancias a tres noites, sempre que non queden prazas sin acupar.  (Faro de Vigo)

8-Xaneiro-2002.

Os Concellos de Forcarei e Cerdedo proxectan a posta en funcionamento de dous polígonos industriais perto da estrada N-541., que abarcarán 50.000 e 20.000 metros cadrados respectivamente.  O Alcalde de Forcarei pide a instalación de industrias que dean emprego a terra fronte a compra por parte de especuladores.  (A Voz de Galicia)

 

7-Xaneiro-2001.

A Asociación Espadela, de mulleres de Cerdedo reúnense esta semán para ultimar os detalles da II festa da Vincha, que se celebrará polos entroidos deste ano.  (A Voz de Galicia)

8-Xaneiro-2002.

A Asociación cultural "Verbo Xido" da Terra de Montes tenta presentar unha alegación contra da instalación do parque eólico "Touriñán III" que afecta entre outras á parroquia de Quireza. Tamén se acordou levar a cabo unha marcha popular ó Xeixo, para recoller lixo e protestas polo seu vertido, pedindo ós concellos a instalación de contenedores. Esta asociación asumirá os custos de apertura do CETMO hasta ver si Caixanova concede outra subvención. (Faro de Vigo)

3-Xaneiro-2002.

Nesta semán abrirase en Sotelo de Montes unha oficina para actualizar o censo, que xunto coa que xa está aberta en Forcarei, terán como obxetivo que os habitates do Concello de Forcarei cheguen hasta os 5000. Perto de 300, que traballan na súa maioría en Pontevedra ou Vigo, non poden ser localizados. Son residentes sobre todo no entorno de Soutelo e Pardesoa.  (A Voz de Galicia)

 3-Xaneiro-2002.

O Concello de Forcarei ven de incrementar a vixilancia sobre os incendios que se están a dar nesta época do ano xa que, aínda que de pequenas dimensións, non se conta con persoal para atallalos como no vrán.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>