Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

29-Xaneiro-2001.

O temporal de vento, choiva e neve estase a cebar con Galicia e, como non, co a Terra de Montes. Dende o mes de outono non para de chover, e os derradeiros días foi o vento o que esnaquizou tellados, antenas e chimeneas. Fálase xa do inverno máis choivoso coñecido e os labregos pensan no estado do agro cando veña o tempo da sementeira. (M.C.)

19-Xaneiro-2001.

As aldeas de Cobas e Outeiro, do concello de Cerdedo non acaban de autorizar o comenzo das obras da "Reserva natural Terra de Montes". O alcalde de Cerdedo (J. Caramés) comprometeuse a ter listas as 80 hectareas para primeiros de Xaneiro, pero esto non parece ser así, po lo que podería desplazarse a construcción caria outras parcelas. Os pobos afectados recibirían unhas 15.000  pts. por ano e por hectarea cedida de terreo.  (O Correo Galego)

22-Xaneiro-2001.

Gamesa xa ten todo-los permisos para o parque eolico de "Masgalán-Campo de Coco". A Consellería de Industria dou a aprobación a construcción dos 75 aeroxeneradores sin por elo retirar o expediente que tiña aberto por ter comenzado as obras no alto de San Benito (Candán) sin este permiso. Faltán aínda as licencias para o paso das líneas de alta tensión, que son as que provocan máis enfrontamentos, pero os concellos paraecen dispostos a concedelas, e os labregos (os verdadeiros perxudicados) vanse dividindo na súa opinión según a cantidade que se lle ofrece. (A Voz de Galicia).

 

 

 

<< Anterior   Seguinte >>