<< Anterior   Seguinte >>

24-Setembro-2008.

O Concello de Forcerei acadou axudas da consellería de Medio Ambiente para rematar as obras de saneamento nos lugares de Vilariño e Berrozo (Millerada) e en Cachafeiro. Tamén se poderá construir a depuradora en Vilariño.  (A Voz de Galicia)

29-Setembro-2008.

Un encontro de todo-los sendeiristas galegos abrirá a nova ruta de sendeirsmo de Candán. Son catro horas e media que pasan polo mosteiro, ascende o monte de Candán e percorre as veiras do Lérez na súa parte máis alta. En total son 15 kilómetros.  (A Voz de Galicia)

 

17-Setembro-2008.

A Festa dos maiores de Cerdedo e Forcarei terá lugar este ano no primeiro dos concellos o vindeiro venres día 19 deste mes. Batirá records con máis de 500 asistentes.  (A Voz de Galicia)

18-Setembro-2008.

A Consellería de vivenda aportará 66.000 euros para a mellora da Rúa das Longas, en Cerdedo. O concello deberá aportar un 20% desta cantidade.  (A Voz de Galicia)

07-Setembro-2008.

Os fondos previstos polo Agader (Axencia galega de desenvolvemento rural) terán varios solicitantes no concellos de Cerdedo. O máis importante e a realización dun servizo de microbus con viaxe semanal a cada unha das parroquias.  (A Voz de Galicia)

08-Setembro-2008.

O Concello de Forcarei expropiará uns 107.000 metros cadrados da Comunidade de montes dos veciños de Vilapouca, que xa ten aceptado esta proposta para a apliación do polígono industrial. Os metros finales edificables serán uns 88.000.  (A Voz de Galicia)

05-Setembro-2008.

O Concelo de Forcarei terá que asumir o custo do enterro do feirante nómada que morreu dun infarto cando traballaba nos coches eléctricos nas festas de As Dores. O seu corpo non foi reclamado por ningún familiar e o home terá un enterro digno na terra na que lle tocou morrer.  (A Voz de Galicia)

06-Setembro-2008.

Semana deportiva na Terra de Montes. O circuito da Madalena contará cunha proba do campionato galego de karting e o concello de Cerdedo acaba de contratar un monitor deportivo para os vindeiros seis meses, que dará clases de natación na piscina durante este vran.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>