<< Anterior   Seguinte >>

12-Setembro-2007.

A Deputación de Pontevedra está a estudiar a súa colaboración nun proxecto da Fundación Ceo, Ciencia y Cultura para construir un Observatorio Astronómico en Forcarei.O Observatorio Astronómico oriéntarase á divulgación guiada e ás observacións de tipo científico. Conta co apoio de entidades científicas como a Real Sociedade Española de Física e os Institutos Astrofísicos de Andalucía e Canarias. Para a financiación do proxecto, a Fundación Ceo conta co apoio do Concello de Forcarei, a través dos programas Leader, e doutras entidades como Caixanova. A Deputación provincial tamén apoiará previsiblemente a construcción do observatorio científico.  (O Correo Galego)

24-Setembro-2007.

Inaugúrase a pista de Karting de A Madalena (Forcarei) coa presencia do alcalde e o presidente da Deputación Provincial. O alcalde afirmou que espera que esta pista sirva para dinamizar a zona e aporte sinerxias con outras inversións.  (Faro de Vigo)

 

03-Setembro-2007.

Fomento adxudica en medio millón de euros o proxecto da variante de Cerdedo. Son 5,8 kilómetros con un viaducto e dous enlaces. O mesmo tempo, os alcaldes de Forcarei e Cerdedo andan recabando información acerca do paso do AVE antes de convocar ós veciños e facilitarlles esta información. (A Voz de Galicia)

06-Setembro-2007.

510.000 euros destiñará a Consellería de Industria para a mellora do campo do Medio, lugar de celebración principal da "Rapa das Bestas", en Sabucedo. O convenio será asinado nos vindeiros días entre a Xunta e o presidente da asociación Rapa das Bestas. (Faro de Vigo)

01-Setembro-2007.

Exponse nos concellos de Forcarei e Cerdedo os anteproxectos informativos do paso do AVE por estes municipios. As vías entrarán na Terra de Montes por un túnel de 8 kilómetros de longo, que salvará o monte do Paraño e terá unha entrada en Boborás, seguindo baixo terra por Beariz e a zona de Pardesoa (Forcarei). A saida do túnel estará entre San Marcos e Sixto, cerca xa do municipio cerdedense. A liña entrará en Cerdedo pola zona de Outeiro, Quintas e Cobas (Folgoso) para cruzar a estrada N-541 por un viaducto, seguindo despois polo norte de Cernados e Cerdedo, en dirección a Figueiroa, pero antes de chegar a esta aldea ábrense dúas alternativas -desde un mesmo punto- as dúas pasando polo sur das casas de Figueiroa. Unha, chamada "Variante de Cerdedo Sur", dirixiríase caria Dean e San Martiño para pasar perto de Pedre e As Cortellas e sair do concello. A variante de Cerdedo Norte resulta, no plano, casi paralela pero con un trazado máis ó norte, en dirección a Serrapio, e entrando en Campolameiro e subindo máis caria o norte.   (A Voz de Galicia)

03-Setembro-2007.

Celebroude na Estrada o xuizo contra o historiador cerdedense Dionisio Pereira por intromisión no honor de dúas familias deste concello. Nun estudo sobre a represión franquista, o autor culpaba a dous membros destas familias de estar en relación con "paseos" previos á guerra civil e de ser xefe dos falaxistas respectivamente. Curiosamente, o fiscal rexeita estas acusacións e o acusado veuse apoiado no xuizo por multitude de compañeiros e medios de comunicación. As familias piden unha rectificación pública destas afirmacións  (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>