<< Anterior   Seguinte >>

28-Setembro-2006.

david Raposeiras e Belén Cachafeiro, Alcalde e teniente alcalde respectivamente de Forcarei, viaxarán a Venezuela para participar na Festa do Salmón e da Richada de Caracas o vindeiro día 8 de outubro. A festa está organizada polos emigrantes da zona residentes na capital venezolana e os políticos forcareicenses terán a ocasión de visitar as hirmandades que alí tén constituidas. (A Voz de Galicia)

29-Setembro-2006.

Expertos en comunicación de toda Europa participarán nun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Aciveiro. Será entre o 18 e o 20 de outubro e versará sobre "Os medios e as empresas de comunicación modernas en relacción coas culturas e lingoas minoritarias". (A Voz de Galicia)

 

25-Setembro-2006.

A parroquia de Zobra está rematando as obras no que foron vivendas dos mineiros, no lugar da Trigueira para o seu uso como apartamentos turísticos. Tamén se queren rehabilitar varias pontes (A Cabana e Portomartiño) e deseñar novas rotas de sendeirismo, para o que se conta con un orzamento de 120.000 euros.  (A Voz de Galicia)

26-Setembro-2006.

60.000 euros será o prezo mínimo dos novos chaléts de protección oficial de Cerdedo. Este importe solo será para familias de baixo nivel adquisitivo poto que o prezo da construcción será de uns 87.000 euros, e este será o seu valor. Tamén se conta coas oito vivendas que forn dos maestros do centro escolar que xa son de titularidade municipal pero que deben ser rehabilitadas.  (A Voz de Galicia)

23-Setembro-2006.

Entre os vindeiros días 16 de outubro e 25 de novenbro terá lugar na casa da Xuventude de Forcarei un curso de poda e prevención de incendios, promovido pola Asociación Mulleres de Forcarei e financiado pola Consellería de Medio Rural.  (A Voz de Galicia)

23-Setembro-2006.

Hoxe celébrase en Cerdedo a primeira Xuntanza dos nosos Maiores da Terra de Montes. Hai apuntadas unhas 450 persoas e actuarán os Diplomáticos do Acordeón, Pandeireteiras de Barro e o dúo Malecón.  (A Voz de Galicia)

14-Setembro-2006.

As cinco parcelas do polígono industrial do Sangal (Cerdedo), entre 2.400 e 5.100 metros cada unha) san nestes días a concurso para a súa ocupación.  (A Voz de Galicia)

14-Setembro-2006.

Comenza o sementado nos montes queimados neste pasado mes de Agosto nos concellos de Forcarei e Cerdedo, co fin de fixar a terra e que non sexa arrastrada pola auga. Serán sementes de herva, trebol, toxo e xesta e nesta tarefa colaborarán voluntarios actualmente acampados en Pontemaril (Unhas 50 persoas). Tamén se recollen sementes de árbores autóctonos para cando o tempo se poida proceder con estas especies. (A Voz de Galicia)

06-Setembro-2006.

60.000 euros serán investidos pola Xunta na reparación da carpintería exterior do colexio de Forcarei. A calefación, falsos teitos, cuberta e instalación eléctrica, tanto neste centro como no instituto Chano Piñeiro, terán que esperar a outros anos.  (A Voz de Galicia)

11-Setembro-2006.

O vindeiro sábado día 23 de setembro celebrarase unha "Festa da terceira edade" conxunta entre os concellos de Forcarei e Cerdedo. Será neste último concello e haberá misa, comida, baile e actuacións dos grupos locais Os diplomáticos do acordeón e as Pandeireteiras de Barro.  (A Voz de Galicia)

06-Setembro-2006.

40 son os cabalos recuperados pola asociación Rapa das bestas dos que pastaban no monte do cadabo, hoxe totalmente queimado. De momento están sendo alimentados con forraxe subvencionado pola Xunta  (A Voz de Galicia)

06-Setembro-2006.

O Concello de Forcarei vai levar a cabo unha investigación, aldea por aldea, sobre os incendios deste vran, para averiguar as causas, magnitudes, opinións e necesidades dos afectados. Unha traballadora do concello será a encargada de visitar cada lugar.  (A Voz de Galicia)

01-Setembro-2006.

Detido en Bugarín, na parroquia de Castro (Cerdedo) un home de 52 anos acusado de prender o lume que causou dúas mortes neste concello a primeiros do mes de agosto, aínda que tamén se lle acusa ter prendidos outros 92 incendios desde o ano 2002. Trátase dun home moi coñecido nas aldeas pola súa enfermedade de alcoholismo. (A Voz de Galicia)

06-Setembro-2006.

Despois de que Medio Ambiente negara esta posibilidade a primeriros deste ano por ser moi cara, o gran incendio no Concello de Cerdedo pode traer algunhas medidas como a implatación dunha planta de biomasa que xeneraría electricidade a partir dos restos de desbrozamento e limpeza do monte. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>