<< Anterior   Seguinte >>

29-Setembro-2005.

O lume segue arrasando a comarca. Onte foi unha casa abandoada e un alpendre en Dúas Igrexas, afortunadamente sen desgracias persoales porque a vivenda que estaba xunto a éles non resultou afectada. Hoxe ardeu o monte en Meavía e en Zobra, perto dos parques eólicos, arderon varias hectareas de monte baixo.  (A Voz de Galicia)

21-Setembro-2005.

Cerdedo comenza as obras do seu novo Centro sociocultural que sustituirá á biblioteca actual. As obras costarán perto dun millón de euros dos que 180.000 son aportados polo Plan Leader Montes. O importe restante debe ser aportado pola Consellería de Cultura da Xunta e polo Concello ó longo de varias anualidades.  (A Voz de Galicia) 

23-Setembro-2005.

O Concello de Forcarei vai xestionar o seu parque eólico singular a través dunha empresa que se ocupará da instalación e mantenemento dos 3 Megavatios e pagará ó Concello unha porcentaxe dos seus ingresos. (A Voz de Gaalicia)

 

15-Setembro-2005.

O Concello de Forcarei sacou a concurso as obras de construción da primeira fase do novo edificio multiusos de Soutelo, que contan con un orzamento de 240.000 euros e comprenden a estructura e outras obras menores. O auditorio contará con biblioteca, auditorio e lugar de exposicións.  (A Voz de Galicia)

16-Setembro-2005.

277.000 euros serán investidos pola Deputación Provincial de Pontevedra no remate das obras de mellora e ensanche da estrada entre Soutelo e Ratél. Tamén hai cartos para o novo vial de acceso ó Mosteiro de Aciveiro e para as obras da estrada entre San Miguel e Sta Mariña de Presqueiras dentro da que vai entre Cerdedo e Sto. Domingo.  (A Voz de Galicia)

8-Setembro-2005.

Xosé Balseiros, Alcalde de Cerdedo, entrevistouse coa nova conselleira de vivenda, Teresa Táboas, para coñecer o estado dos proxectos de vivendas sociais coa chegada da nova xunta ó poder autonómico. Hai que lembrar que este proxecto xa estaba comprometido na súa primeira fase e o concello xa ten habilitados os terreos. (A Voz de Galicia)

13-Setembro-2005.

Os veciños de Quintelas (Dúas Igrexas) piden que o alcantarillado que lle está construíndo a Deputación chegue a todalas casas e non ás da rúa principal como se está facendo. Parece ser que o orzamento destiñado a este fin non chega e haberá que esperar a unha segunda fase para que este desexo poida cumplirse. (A Voz de Galicia)

5-Setembro-2005.

Só 320 das 12.854 hectáreas que forman o Concello de Forcarei están a labradío. A superficie aporveitada non chega ás 3.000. Esto da idea da caida do agro neste concello, situación que non é moi diferente en calquera dos outros dous concellos da bisbarra. Por certo, Forcarei conta con 4.616 habitantes, 391 persoas de menos de 15 anos, 58 inmigrantes, 115 persoas no paro (4,4%, a metade da media provincial), 2.215 vivedas das que 1595 son fogares principais e 2061 coches. (A Voz de Galicia)

5-Setembro-2005.

Princesa, unha becerra de Pereira (Forcarei) foi a gran vencedora da Feira da Becerra selecta de A Estrada. Esta feira puxo en solfa a mellora na recría e xenetica dentro da gandeiría da comarca. (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>