<< Anterior   Seguinte >>

30-Setembro-2004.

Os veciños de Sabucedo elixirán nas urnas o día en que se baixará o gando para a vindeira Rapa das Bestas. A idea é baixalo o venres para traballar sen presa e ganar un día de festa.  Aparte desto, a Asociación estima que o lobo matou este vran a lo menos cinco cabalos salvaxes, polo que está seriamente preocupada, xa que nunca os ataques foran tan importantes.  (A Voz de Galicia)

30-Setembro-2004.

O novo "Punto de atención á infancia" ou gardería de día de Cerdedo vai retrasar a súa posta en funcionamento alomenos hasta o vindeiro mes de novembro pola falta dalgúns materiais. Mentras tanto, en Forcarei andan pensando en solicitar un novo obradoiro de emprego para rehabilitar o muíño de Cotelo, no lugar da Ponte, que será convertido en "Aula de observación da natureza".  (A Voz de Galicia)

 

29-Setembro-2004.

Os afectados pola parcelaria realizada na parroquia de Pereira (Forcarei) seguen sin porse dacordo e ameazan con chegar ós tribunais. Hasta este momento, a pesar de ter recurrido varias veces, a Xunta non ten recoñecido ningún "agravio comparativo" entre os veciños nin irregularidades importantes.  (A Voz de Galicia)

29-Setembro-2004.

Rematouse de construir unha pista forestal entre o lugar de Espindo e o campamento de Pontemaril. Esta pista comunica o lugar coa vila de Forcarei e dalle servicio a moitas das explotacións agrarias dos veciños.  (A Voz de Galicia)

 

24-Setembro-2004.

O Concello de Cerdedo publicará na súa web ofertas de casas rurais vellas ou reconstruídas, tanto da vila como de calquer outra parroquia. Este é un intento de atraer xente ó concello, que está amosando unha despoboación alarmante.  (A Voz de Galicia)

29-Setembro-2004.

A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Patrimonio, financiará a restauración do retábulo da igrexa do convento de Aciveiro. Os vindeiros presupostos xa terán en conta esta obra datándoa con 44.000 euros.  (A Voz de Galicia)

 

21-Setembro-2004.

Despois de varios anos desaparecido, o Atlético Forcarei volve a competición, e faino ganando no seu campo por dous goles a cero. Este equipo, do que sairon homes como Manolo Canabal, chegou a militar na segunda división rexional.  (A Voz de Galicia)

23-Setembro-2004.

¡Increíble pero certo!, O colexio público de Soutelo ten que abrir unha nova aula para acoller as novas inscripcións (12 neste curso). Desde hai algúns anos vense producindo un certo aumento da natalidade en todo o concello de Forcarei, quezais pola volta dalgúns emigrantes. Este ano xa ten acontecido 21 nacementos contra 17 en todo o ano 2003. Mentras tanto en Cerdedo pensan en facer festa cada vez que unha muller alumbre un rapaz (Seis no que vai de ano). (A Voz de Galicia)

15-Setembro-2004.

O tendido eléctrico que pasa fronte da igrexa de Soutelo será soterrado pola rúa que pasa pola parte posterior do templo. Para esta lobor xa existe un presuposto da Xunta, o Concello e Unión Fenosa que chega hasta os 76.000 euros. Tamén se ten solicitado que se faga o mesmo na praza do mosteiro de Aciveiro.  (A Voz de Galicia)

16-Setembro-2004.

Manuel Campos Toimil será o novo edil do concello de Cerdedo polo BNG, para sustituir a Dionisio Pereira, que dimite do seu cargo.  (A Voz de Galicia)

 

10-Setembro-2004.

Cerdedo celebrará o vindeiro día 17 unha Festa da terceira edade a veira do río Lérez, con xuvilados e pensionistas. Mentras tanto, en Forcarei xuntáronse duascentas persoas na verbena en Pontemaril polo mesmo motivo. Os dous persoeiros máis vellos do Concello son Francisco Muradás, de 96 anos, veciño de Soutelo, e Herminia Rivas, de 98 e veciña de Espindo (Forcarei).  (A Voz de Galicia)

12-Setembro-2004.

Cando se cumpren cinco anos da existencia desta web, o que xa lle da unha certa maioría de edade, trasladámonos a unha nova casa, unha casa só para nós:

 www.terrademontes.com

Alí contaremos con máis espacio, un enderezo moito máis sinxelo de recordar e outras moitas ventaxas con vistas a unha sustancial mellora. Polo de pronto xa se pode ir votando unha ollada, sobre todo á nova presentación das fotografías da Visita Virtual. (M.C.)

9-Setembro-2004.

O Repetidor de TV do monte Limeres, que da señal a Cerdedo e parte de Folgoso vai ser trasladado ó Seixo, perto do albergue, desde onde se recibirá a señal en moito mellores condicións.  (A Voz de Galicia)

 

9-Setembro-2004.

Os cazadores da sociedade de caza de Forcarei ten que decidir sobre a imposición de contratación dun seguro para pagar os danos ocasionados pola fauna salvaxe (principalmente o xabarín). O custo pode ser duns 24.000 euros, o que dificulta moito a súa viabilidade.  (A Voz de Galicia)

6-Setembro-2004.

O PXOM de Cerdedo apenas ten xenerado queixas cando só faltan dúas semáns para terminar o prazo para facer alegacións ou preguntas. Por outra banda, o obradoiro de emprego, na rama de canteiría, comenzará a vindeira semán os seus traballos neste concello co arranxamento das rúas da vila. Os de forestais xa levan algún tempo pondo en marcha unha rota de sendeirismo. (A Voz de Galicia)

8-Setembro-2004.

Aciveiro celebra hoxe a romaría da Virxen dos Remedios. Haberá actuacións de gaiteiros, almorzo na carballeira con polvo e carne ó caldeiro e pola noite verbena con orquesta e discoteca hasta a mañán. O xoves tamén haberá verbena.  (A Voz de Galicia)

 

2-Setembro-2004.

O Concello de Cerdedo está rematando as obras do vello colexio para o seu funcionamento como gardería de día para nenos. Quérese que a primeiros do mes que ven poida estar funcionando. (A Voz de Galicia)

3-Setembro-2004.

O Concello de Forcarei instalará 35 novos contedores amarelos para a recollida selectiva do lixo. A idea é que cada punto de recollida teña un destes contedores para latas, plasticos e outros envases. Tamén andan a buscar financiación para mercar un novo camión con que levar o lixo a Silleda xa que o actual ten perto dos quince anos. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>