<< Anterior   Seguinte >>

30-Setembro-2003.

Un veciño de Beariz resultou condenado a unha pena de oito meses de carcere por un lume provocado. O lume  non causou danos importantes, pero o veciño, ó parecer non pagou as sancións correspondentes e a audiencia de Ourense acabou mandando que entrara no carcere.  (A Voz de Galicia)

26-Setembro-2003.

A asociación "Verbo Xido" coa axuda de fondos do plan "Leader Plus" editará unha completa guía da Terra de Montes, con múltiples aspectos desta comarca. Tamén se está a piques de presentar a web sobre o Centro Etnográfico, que será oportunamente anunciada nestas páxinas.  (A Voz de Galicia)

26-Setembro-2003.

Os veciños de Soutelo presentaron unha protesta pola suspensión de varios viaxes da liña Ourense- Pontevendra, de tal maneira que se deixaron as menos útiles (as do mediodía).  (Faro de Vigo)

 

24-Setembro-2003.

Catro alumnos do Instituto Chano Piñeiro, de Forcarei foron premiados co Diploma de Honor de Humanidades, convocadom polo colexio San Viator de Madrid polo traballo "Aproximación Sociolóxica ós cambios significativos na percepción social do rol femenino na comarca de Terra de Montes". O estudo recolle entrevistas con vintecatro veciños entre 15 e 80 anos.  (A Voz de Galicia)

26-Setembro-2003.

Dúas novas empresas asentaranse próximamente no polígono industrial de Cachafeiro (Forcarei). Unha dedicada á construcción e outra á fabricación de ensamblaxes de aluminio e PVC para portas e ventanas.  (A Voz de Galicia)

 

22-Setembro-2003.

A variane de Cerdedo segue a ser obxecto de debate. O alcalde anunciu que a pista de frenado será modificada antes de que remate este ano e que o ministerio tamén señalizará a pendente entre Folgoso e Cerdedo, e que a variante, con un presuposto de uns 42 millóns de euros, podería aparecer nos presupostos deste ano.  (A Voz de Galicia)

22-Setembro-2003.

Os veciños de Ventoxo estrean "Casa do Pobo" tras habilitar a antuga vivenda da casa escuela. Costou uns 34.000 euros, pagados pola Comunidade de montes en man común de Ventoxo coa axuda da Xunta (3.600 euros) e da Deputación (6.000 euros).  (A Voz de Galicia)

 

19-Setembro-2003.

O Concello de Cerdedo presenta hoxe a sua nova bandeira, con motivo da celebración da XIX festa da terceira edade. (A Voz de Galicia)

21-Setembro-2003.

O Circuito de karting de Soutelo costará 521.876 euros e estará rematado dentro de seis meses. O investimento correrá de conta da Deputación Provincial.  (A Voz de Galicia)

18-Setembro-2003.

A asociación cultural "Verbo Xido" celebrará o vindeiro sábado unha asmblea na que se renovará a xunta directiva, incorporando ó periodista Manuek Blanco Rivas e o escritor Carlos Solla. Constantino Gonzalez seguirá ó frente da asociación.

 

18-Setembro-2003.

O diputado nacional do BNG Guillerme Vázquez estudiou sobre o terreo as posibilidades de circunvalación da N-541 por Cerdedo e a pouca eficacia da pista de area actual coa intención de levar a cabo un seguimento en Madrid do proxecto e da obra.  (A Voz de Galicia)

15-Setembro-2003.

Hoxe ponse en marcha en Forcarei unha experiencia pioneira nesta comarca de atención á infancia. Trátase dun servicio de gardería gratuito que funciona nun local do concello, polo cal cando un pai ou unha nai ten  algúnha ocupación puntual pode deixar alí o neno, sin ter que "apuntarse" antes. Ten unha capacidade para quince nenos e un presuposto de 16.000 euros, dos cales 13.000 serán aportados pola Consellería de Familia e o resto polo concello.  (A Voz de Galicia)

17-Setembro-2003.

A portavoz do PSOE de Forcarei, Ana Doval, presentou no concello unha moción que insta ás distintas administracións a tomar medidas para reducir os acidentes no cruce de Cachafeiro. (A Voz de Galicia)

 

3-Setembro-2003.

A Xunta de Galicia e o Concello de Forcarei van construir unha senda entre o Mosteiro de Aciveiro e o Alto de Candán. A Xunta aportará 19.135 euros e o concello porá os terreos. A ruta sendeirísta servirá para dar a coñecer a riqueza de fauna e flora da zona e terá uns cinco kilometros de lonxitude. (A Voz de Galicia)

8-Setembro-2003.

As obras do vial que comunica Forcarei coa estrada de Silleda están paradas por mor de tres postes de Telefónica que quedan no medio da vía. Aínda que xa hai tres meses que se fixo a solicitude, estes siguen sin ser cambiados de sitio.  (A Voz de Galicia)

 

2-Setembro-2003.

Remataron onte as festas dos Doores, en Forcarei. Por fin chegou o bo tempo e a procesión pudo sair con toda a solemnidade. O sabado actuou Missiego, e os tres días houbo verbena hasta a madrugada. O Concello entregou insignias a varias personalidades e mantén na súa sala de exposicións unha de pintura de Gabriel Barros Soto. (A Voz de Galicia)

3-Setembro-2003.

A parroquia de Aciveiro celebra o vindeiro luns as suas festas patronais na honra da Virxe dos Remedios. Actuarán o grupo de gaitas "Os Alegres" e a Nova Banda de Gaitas de Vilatuxe. Pola noite, verbena con "Noche de Estrellas" e "Cliclón". O martes serán "América" e "Os Tonechos", grupo de humoristas da Televisión de Galicia. (A Voz de Galicia)

1-Setembro-2003.

Cada vez máis parece que Francisco Rozados "Rochi" monopoliza a vida cultural do Concello de Forcarei e da Terra de Montes. Se hai pouco máis dun mes sacaba á luz Memoria de Trasdomonte, hoxe é a Biografía de Chano Piñeiro, un libro sobre o cineasta pioneiro no cine galego, nacido en Forcarei. Non se trata só dun libro que conte a vida de Chano, senón que trata de reflectir o pensamento das xentes da Terra de Montes a través deste importante persoeiro. A obra conta con imaxes inéditas, algunha das cales foron doadas pola viuva de Chano. (M.C.)

1-Setembro-2003.

732.499 Euros é o presuposto para o obradoiro de emprego de Forcarei, que dará traballo a 45 persoas nas actvidades de albanel e canteiro, xardiñeiro e carpinteiro. Uns traballarán na restauración do convento de Aciveiro mentras que os xardiñeiros tratarán de recuperar varias zonas verdes do concello.(A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>