<< Anterior   Seguinte >>

26-Setembro-2002.

Ponse en marcha o Plan Leader de Montes, que comparten os concellos de Forcarei, A Estrada, Cerdedo, outros catro máis. O Convenio definitivo será firmado o 16 de Outubro, pero xa se coñecen máis dunha ducia de proxectos considerados viables.  (A Voz de Galicia)

27-Setembro-2002.

O vertedeiro de Cerdedo tamén vai a ser pechado nos vindeiros meses e o concello incorporarase ó sistema de xestión do lixo de SOGAMA. (A Voz de Galicia)

 

13-Setembro-2002.

As vivendas sociais construídas en Soutelo serán entregadas ós seus novos donos antes do fin deste ano. Estas vivendas contarán con garaxe, trasteiro e unha zona verde ó seu arredor.  (Faro de Vigo)

15-Setembro-2002.

As Asociacións "Verbo Xido" e "Espadela" van viaxar a Villafranca del Bierzo como remate ós autos de celebración do ano de Frei Martín Sarmiento. Alí visitarán tamén Astorga e León e serán acollidas polas asociacións "Fala Ceibe" e "Escola de Gaitas", defensoras da cultura galega no Bierzo.  (Faro de Vigo)

06-Setembro-2002.

Neste mes vaise inaugurar en Beariz a nova residencia geriátrica, con capacidade para 54 internos. O envellecemento da poboación fai que este tipo de servicios sexa de primeira necesidade para todo-los concellos da bisbarra.  (A Voz de Galicia)

12-Setembro-2002.

Na igrexa parroquial de Pardesoa tivo lugar un incendio, sin ningunha dubida intencionado, que queimou unha das portas  do templo. O suceso tivo lugar a mediodía e foi unha veciña que rezaba no camposanto a que avisou ós veciños do Sixto para que axudaran a apagar o lume. Os danos non son moi grandes pero os veciños móstranse algo amedrentados polo que ocurreu.  (Faro de Vigo)

<< Anterior   Seguinte >>