<< Anterior   Seguinte >>

24-Setembro-2001.

Os obreiros comenzaron as reformas e reparacións no Centro Médico de Cerdedo, con un presupostoi de 7 millóns de pesetas. Tamén neste concello esperase que unha firma siderurgica con uns 15 operarios sea ap primeira en instalarse na nova área industrial que se está a preparar.

 

24-Setembro-2001.

Os pescadores de Forcarei e da Estrada acordaron repartise e explotar conxuntamente a pesca do río Umia. Con este evítanse conflictos entre eles e asegurase a súa adxudicación

 

18-Setembro-2001.

Os nenos de xoves de Sabucedo terán a súa Rapa Infantil o primeiro de outubro. Esperase que se chegue a cerca de douscentos cabalos no curro e miles de invitados dos colexios dos arredores, que non terán clase esa mañán.

 

21-Setembro-2001.

Cerdedo xa ten bandeira. Acaba de ser aprobada polo Concello da Xunta e terá como cores o azul e o bermello, sobre o que estarán o escudo do concello e o año pascual encima do  libro dos sete sellos. 

 

14-Setembro-2001.

Os pais dos alumnos do IES "Chano Piñeiro" de Forcarei solicitanlle a Consellería de educación da Xunta a construcción dun novo instituto, xa que coidan que ese edificio non reune concdicións para albergalo e ameazan con non mandar ós nenos ás aulas. O Conselleiro, Sr. Fraga Boullosa négase a recibilos, xa que afirma que xa se celebraron tres reunións e os pais só queren "aparecer na foto" con fins políticos, dada a proximidade das eleccións. Afirma tamén que xa se investiron 30 millóns en reparar as deficiencias que presentaba o edificio.

14-Setembro-2001.

O lume prendeu nun pallar do lugar de Vilar, na parroquia de Millerada. Aínda que tamén chegou a casa na que habitaban seis persoas, entre os veciños e os bombeiros de Cerdedo e Forcarei puderon apagalo antes de que os danos se fixesen irreparables

 

2-Setembro-2001.

O Concello de Beariz acaba de por en marcha unha campaña informativa para a recollida selectiva do lixo, correspondente a súa entrada en SOGAMA. Por todas as aldeas mostraranse carteis cos indicativos de cada tipo de lixo e a coor que lle corresponde.

2-Setembro-2001.

A Festa dos maiores, organizada polo Centro Social de Forcarei nas instalacións do campamento de Pontemaril, congregou a unhas duascentas persoas que xantaron, bailaron e divertíronse o longo de todo o pasado día 1 deste mes.

<< Anterior   Seguinte >>