Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

27-Setembro-2000.

Gamesa, empresa promotora dos parques eólicos do Seixo, Serra do Cando e Candán, estima que a súa posta en marcha aforra unhas 12.000 toneladas de petroleo o ano (471 millóns de pesetas). Nestes intres, os 82 xeneradores de 600 Kw. cada un dan un total de 50 Megavatios de potencia, que chegarán os 100 cos de Masgalán-Campo de Coco. Mentras tanto a empresa afirma que xa ten o 90% dos terreos que lle fan falta, pero sigue sin chegar a acordos cos comuneiros dos montes sobre o percorrido dos tendidos, cerca das aldeas dos Codesás e o Badaolo, que son as máis afectadas. (M.C.)

27-Setembro-2000.

Os veciños de Cerdedo homenaxearán o poeta Otero Espasandín, seguramente o seu persoeiro máis universal. O sabado, no local social da súa parroquia natal (O Castro) terá lugar unha mesa redonda sobre a figura deste home, que contará co a presencia de Xosé Luis Axeitos, estudioso da obra deste autor. (A voz de Galicia)

27-Setembro-2000.

O proxecto de minicentrales que vai tratar de facer FENOSA no Lérez ten xuntos a gobernos e oposición nos concellos afectados (Cerdedo, Campo Lameiro e Cotobade). As alegacións son moitas e hasta os veciños de San Miguel de Presqueiras en Forcarei están afectados po-lo aporveitamento dos ríos Ventoxo e Castro para a minicentral de Barrela. (M.C.)

20-Setembro-2000.

Comenzan as obras de remodelación da Praza dos Gaiteiros, en Soutelo de Montes. De momento porase un novo empedrado, renovarase o alumbrado e cambiarase de lugar o monumento os gaiteiros que neste intre esta no medio da praza, pasandose a veira da estrada. Tamén se nivelará o chan construíndo un muro de contención na parte baixa. As obras deben rematarse nun mes e ten un presuposto de 13 millóns de pesetas, que serán aportados po la Diputación Provincial dentro do programa de acción municipal. (A Voz de Galicia)

 

14-Setembro-2000.

A Xunta de Galicia aprobou o convenio co concello de A Estrada para a constucción dun albergue e un picadeiro en Sabucedo. O investimento será de 36,8 millóns a medias entre Concello e Xunta. Esto remata as actuacións que con anterioridade permitiron a construcción do novo curro. Neste caso convertirase a anterga escola en albergue e máis fálase da creación de unha "Rapa infantil" que fomente a canteira de novos "aloitadores". (A Voz de Galicia).

8-Setembro-2000.

A Escola Obradoiro Terra de Montes celebra unha xornada de portas abertas con motivo das festas da Nosa Señora de Aciveiro. Mostraranse as obras das tres primeiras promocións, unha exposición de fotografías sobre as Brañas de Masgalán e dous documentis sobre a Terra de Montes do naturalista Federico de la Peña. (A Voz de Galicia)

6-Setembro-2000.

FENOSA acaba de desempolvar o vello proxecto da central hidroeléctrica no Lérez. A presa afecta os concellos de Cerdedo, Campo Lameiro e Cotobade, anegando parte das riqueza artistica da bisbarra, incluindo a ponte romana de Pedre, e tramos da vella calzada tamén romana. A idea do embalse ven dos anos corenta, pero cada vez que se volve a remover é de novo esquecido, de tal maneira que os veciños esperan que esta vez pase o mismo. Neste deradeiro proxecto a presa ten 24 metros, fai subir o río o longo de 12 Km. e da auga para cinco minicentrales.  (A Voz de Galicia)

6-Setembro-2000.

Sai a luz a Guía da Terra de Montes coordinada e escrita por Fancisco Rozados (Rochi), moitas veces nomeado nestas páxinas,  e con fotografías de Xosé Carbajal (Xoque). Esta Guía, dunha calidade excepcional, fai un repaso histórico, etnolóxico, economico e cultural da bisbarra, de tal xeito que máis ca unha guía é en realidade un execelente libro para coñecer a nosa terra.  (M.C.)

<< Anterior   Seguinte >>