<< Anterior   Seguinte >>

03-Outubro-2008.

O vindeiro día nove deste mes de novembro celebrarase en Souteo a décima edición da Festa do Cogumelo e tamén a primeira feira sustentable que terá lugar na localidade. Como todolos anos haberá un certame de cestas e degustación na praza dos gaiteiros.  (A Voz de Galicia)

09-Outubro-2008.

Seis euros por metro cadrado cobrarán os veciños de Vilapouca polo terreo expropiado para ampliar o polígono industrial. Tamén se acordou pagar un euro no momento da expropiación e o resto nuha serie de anualidades.  (A Voz de Galicia)

01-Outubro-2008.

O Concelo de Forcarei conxela os salarios dos seus cargos políticos e trata de disminuir os gastos de protocolo e os non sociais. Tamén se acorda declarar o concello como "Libre de alimentos transxénicos".  (A Voz de Galicia)

01-Outubro-2008.

A Aldea cerdedense de Loureiro inaugura os traballos da segunda fase da súa conversión en "Aldea Etnográfica", na que se levan investidos uns 180.000 euros procedentes en parte de fondos auropeos. Os traballos deixarán a aldea co seu aspecto orixinal dos anos cincoenta.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>