<< Anterior   Seguinte >>

31-Outubro-2007.

O Concello de cerdedo solicitou a Conselleiría de Industria dúas axudas para a implantación da administración electrónica no concello e para dar ós veciños un acceso inalámbrico a internet. En conxunto trtaríase duns 120.000 euros de orzamento.  (A Voz de Galicia)

28-Outubro-2007.

2.000 racións, cinco euros polas tres carolinas de barro, xente de toda Galicia en Soutelo e a organización desbordada pola inesperada demanda. Foi a IX Festa do Cogumelo de Soutelo de Montes. A máis dos tradicionais cogumelos con arróz, con xavarín e con callos, cando a cantidade de xente rematou as existencias, improvisaron xudias con chourizo, acelgas e tod o que puderon. O caso é que ninguén quede sin comer. Aparte da degustación na carpa (e fora dela polo bo tempo e a cantidade de xente) houbo ruta ciclista (140 participantes), outra de sendeirismo, concurso de cestas e outros productos da terra.  (A Voz de GAlicia)

28-Outubro-2007.

A Asociación Rapa das Bestas e a cooperativa Monte Cabalar participan nun plan experimental de aporveitamento cárnico do gando en libertade desenrolado polo Cenro Tecnolóxico da Carne de Galicia, dependente da Consellería de Medio Rural. A asociación de Sabucedo xa explicou que este non é un modelo a seguir para eles, xa que só se pensan dedicar á promoción turística da zona, pero sempre se pode obter algún beneficio paralelo.  (A Voz de Galicia)

 

25-Outubro-2007.

O comité de festexos de Soutelo, aínda antes de ter elexidos os seus cargos,  quere empezar con tempo este ano e xa ten previsto comenzar a traballar nestas datas. Un pase de cine no local da Comunidade de Montes, venta de lotería, contacontos, etc. Todo para que Soutelo non se quede sin festas como ven pasando outros anos.  (A Voz de Galicia)

26-Outubro-2007.

Directivos da asociación Rapa das Bestas están xa traballando co Concello de A Estrada para ver que poden mellorar no entorno da festa agora que ten o distintivo de "Festa de interese internacional". O aparcamento e o camping son algunhas das posbles actuacións.  (A Voz de Galicia)

24-Outubro-2007.

O Concello de Forcarei aprobará este venres a ampliación do polígono industrial de Vilapouca. Son 110.000 metros cadrados de  monte veciñal que se urbanizarán para este menester. As peticións dos comerciantes e industriais do concello de ampliar tamén o polígono de Cachafeiro e levantar outro en Monte Meao (As Casetas) non terán resposta de momento porque Urbanismo rexeitou o primeiro e o segundo obligaría a expropiar leiras privadas, o que sibiría moito o prezo.  (A Voz de Galicia)

24-Outubro-2007.

Os veciños de San Marcos e Sixto (Pardesoa) e Ventoxo, todos eles no concellos de Forcarei, está redactando as alegacións ás obras do AVE que afectará ós accesos e as traídas de auga que abastecen as casas. Tamén se verán afectadas as traídas de Soutelo e as estradas de Soutelo a Ratel, San Marcos a Presqueiras e San Marcos a Sixto. Queda por coñecer o emplazamento das escombreiras, que poden ter moita importancia polo tránsito de camións e polo lugar que ocupan. (A Voz de Galicia)

19-Outubro-2007.

Os veciños da parroquia de A Madanela (Forcarei) gañaron o litixio que, polos lindes do monte de Trasdomonte, tiñan coa parroquia de Zobra (Lalín). É a terceira instancia na que a xustiza da a razón os de Forcarei. Este litixio afectaría ós propios lindes dos concellos e dura perto de dez anos. Os veciños de Zobra quérense acoller a un documento de hai dous séculos que describe un lide máis favorable para eles, aínda que tamén exista unha división posterior, entre este documento e o linde actual, que é moi favorable para os veciños da Madanela. Estes últimos, dan por boa a división actual, que é a que marcan os camiños, o aporveitamento do monte e, sobre todo, o sentido común.  (M. C.)

19-Outubro-2007.

O Concello de Forcarei lanza unha oferta de emprego público para cubrir trinta prazas no obradoiro de emprego que terá lugar na aldea de Leboso (Quintillán). Serán doce meses e ofertará as modalidades de Horticultura ecolóxica e Fruticultura ecolóxica.  (A Voz de Galicia)

 

12-Outubro-2007.

Os concellos de Forcarei e Cerdedo andan estes días informando ós paisanos dos detalles do paso do AVE por estas terras e das posibilidades de presentar alegacións. Aínda que os datos non son moi concretos, veránse afectadas as parroquias de Pardesoa e Ventoxo en Forcarei e Folgoso, Cerdedo, Figueiroa e Pedre no de Cerdedo. Non toca dereitamente ningunha casa pero si pasará polas terras de labranza de varias aldeas. (A Voz de Galicia)

17-Outubro-2007.

Ábrese a Residencia de Maiores e Centro de día de Cerdedo aínda que non está inaugurado. os profesionais que traballarán nela irán incorporándose nos vindeiros días según se vaian facendo as seleccións oportunas.  (A Voz de Galicia)

 

10-Outubro-2007.

A Asociación cultural e ecolóxica da Terra de Montes "Verbo Xido" presentará alegacións ó trazado do AVE polos concellos de Forcarei e Cerdedo. Os dous trazados propostos pasan perto de núcleos de poboación, de elementos do noso patrimonio cultural ou de acuiferos e traidas de auga. Hai afectadas mámoas do Neolítico, rotas se sendeirismo como a das POntes do Lérez e aldeas de especial interese como Pedre e Vichocuntín.  (Faro de Vigo)

10-Outubro-2007.

A Universisade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) programará entre o 17 e o 20 deste mes de outubro no Mosteiro de Aciveiro un curso que terá por título "Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediatico". O prezo pola asistencia é de uns 123 euros.  (A Voz de Galicia)

 

07-Outubro-2007.

A IX edición da festa do Cogumelo en Soutelo será este ano o vindeiro 28 deste mes, para evitar que coincida coa final do campeonato galego de Karting que se celebrará no novo circuito de A Madalena. Este ano, os asistentes que o desexen terán tres pratos coas tres especialidades que se sirven, máis pan e bebida, por cinco euros e terán que facer unha sola fila. Como sempre haberá concurso de cestas, feira de productos da comarca e, por primeira vez, rotas cicloturistas e de sendeirismo.  (A Voz de Galicia)

10-Outubro-2007.

Os estudos e simulacións en ordenador dan como conclusión que o AVE por Cerdedo vai ter serios problemas para chegar ós 300 km/h que se estiman. A causa son as fortes pendentes e a dificil orografía da nosa terra.  (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>